Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS PARROQUIAS DE PEDROSO E SAN XIAO ACOLLERÁN ESTA SEMANA A PROXECCIÓN DE DÚAS NOVAS PELÍCULAS DO PROGRAMA "CINE DE VERÁN"
As proxeccións darán comezo ás 22.30 horas e realízanse cumprindo as medidas de seguridade en materia de prevención da Covid-19
Narón, 14 de xullo de 2020. O programa “Cine de Verán”, impulsado polo Concello de Narón en colaboración coa Deputación da Coruña, continuará esta semana nas parroquias de Pedroso e San Xiao. Estas dúas novas proxeccións súmanse ás catro que xa se levaron a cabo –na Gándara, A Solaina, O Alto e Xuvia- e ás que terán lugar a vindeira semana no Val e en San Mateo. As proxeccións comezan ás 22.30 horas e organízanse atendendo ás medidas preventivas da Covid-19 e recomendadas para este tipo de convocatorias. A primeira das citas desta semana será o vindeiro xoves, día 16, cando se poderá ver na pista polideportiva de Pedroso a película “Nocturna, una aventura mágica”. Un neno orfo que cada noite supera os seus medos coa luz das estrelas, Tim, é o protagonista deste filme de animación. Unha historia sobre os medos á escuridade vista dende os ollos dun neno asustadizo que vai superando os seus temores. Na xornada do venres proxectarase “A Galiña Turuleca” na pista polideportiva de San Xiao, outra película de animación á que da nome a súa protagonista, Turuleca, unha galiña cun peculiar aspecto e que sofre as burlas das súas compañeiras de galiñeiro. A súa vida cambia cando a levan a unha granxa, donde para sorpresa de todos, a galiña comeza a cantar. A programación continuará o 23 de xullo no Centro Cívico Social do Val, coa proxección de “Pinocho 3000” e o 24 deste mesmo mes na pista polideportiva de San Mateo, con “Donkey Xote”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal