Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO HABILITA UN PLAN ESPECIAL DE TRÁFICO CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DA "NOITE NO MOSTEIRO"
O CONCELLO HABILITA UN PLAN ESPECIAL DE TRÁFICO CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DA
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, explicou que a maiores de dúas áreas de estacionamento haberá tamén prazas para aparcar en liña e terán sentido único de circulación algúns viais durante este evento
Narón, 15 de xullo de 2020. O Concello habilitou un Plan Especial de Tráfico con motivo da celebración o vindeiro sábado, día 18, dunha nova edición da “Noite no mosteiro”. O cenobio de San Martiño de Xuvia, no Couto, iluminarase no exterior de xeito artístico e con varias cores e acollerá -tamén no exterior- un concerto de música clásica (con violín e chelo) do grupo “The Duelist”. Haberá tres pases do concerto entre as 22.30 e as 01.00 horas e o acceso á zona permitirase a partir das 22.00 horas. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, avanzou que para reorganizar o tráfico na zona se estableceu un Plan de Tráfico, ampliando as zonas de estacionamento e restrinxindo a circulación rodada nas inmediacións do cenobio naronés.
O edil explicou que a maiores da zona de estacionamento habilitada na zona verde ubicada fronte ao mosteiro tamén se fará uso, no caso de ser preciso, da localizada xunto ao local social da Picota, no Couto, e a maiores disporanse prazas de estacionamento en liña na rúa Soria e no Camiño do Cenzo, tamén nas inmediacións do cenobio e que pasarán a ter sentido único de circulación, de baixada, mentres se desenvolva este evento.
No que respecta á circulación rodada, o sentido de circulación será dobre no Camiño do Muíño, mentras que terá sentido único na Rúa Soria e no Camiño do Cenzo, debidamente indicado e con persoal da agrupación de voluntarios de Protección Civil que orientará aos condutores que circulen pola zona. “Poderase só circular dende a avenida Souto Vizoso ata o cenobio e a subida realizarase dende o local social cara á avenida Souto Vizoso”, explicou Romero.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal