Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA PRESIDIU UNHA REUNIÓN PARA ANALIZAR OS PROTOCOLOS ESTABLECIDOS PARA A REAPERTURA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
A ALCALDESA PRESIDIU UNHA REUNIÓN PARA ANALIZAR OS PROTOCOLOS ESTABLECIDOS PARA A REAPERTURA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Marián Ferreiro explicou que se analizaron os protocolos que están en vigor para estas instalación e tamén se avanzou nas medidas que se aplicarán según vaian reabrindo máis dependencias nas mesmas
Narón, 15 de xullo de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá unha reunión na que se analizaron os diferentes protocolos establecidos dende o Speis de Narón para a reapertura das instalacións deportivas municipais. Á xuntanza, que se celebrou no Concello, asistiron tamén o concelleiro de Deportes, José Oreona, o responsable do Speis de Narón, Rafael Pazos, persoal do Padroado de Deportes e dunha consultoría externa coa que se analizan eses protocolos.
“No termo municipal temos actualmente operativas o 90% das instalacións deportivas, se ben non están a pleno rendemento senón que se reabren na medida en que o permiten eses protocolos para garantir todas as medidas sanitarias e de seguridade pola Covid-19”, explicou a alcaldesa. Ferreiro incidiu en que “a falta de reabrir esta semana catro instalacións cos seus correspondentes protocolos, no resto están operativas as oficinas e tamén salas de xuntanzas cos asociados, a piscina municipal… a donde se pode accede seguindo as indicacións pertinentes en cada un dos casos”.
Na reunión mantida esta mañá analizouse como están funcionando eses protocolos en cada unha das instalacións, coordinando o traballo que se pode realizar nas mesmas nesta fase de “nova normalidade” e tamén se abordaron os pasos que se darán nos vindeiros meses. “Atendendo en todo momento á situación na que nos atopamos, que condiciona o traballo que estamos a realizar dende o Concello, estamos plantexando as posibilidades que hai para ir reabrindo á veciñanza, paulatinamente e coas medidas oportunas, aquelas dependencias que aínda non están operativas debido a esta pandemia”, avanzou a alcaldesa.
Do mesmo xeito, tamén se avanza no procedemento que habería que seguir para organizar eventos deportivos nos últimos meses do ano, para establecer protocolos específicos para cada un deles, tal e como apuntou Ferreiro. “É moi importante continuar avanzando nestas áreas para, na medida do posible, poñer a disposición das nosas veciñas e veciños as instalacións deportivas municipais con todos os seus servizos”, indicou a rexedora local.
Así mesmo, Ferreiro recordou que actualmente está aberto –ata o 7 de agosto- o prazo para que as entidades e clubs deportivos soliciten o uso das instalacións municipais de cara á tempada 2020-2021.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal