Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS ESPECTÁCULOS DE OIMA E PAKOLAS PROGRAMADOS PARA O VINDEIRO DOMINGO NO PROGRAMA MUNICIPAL VERDE QUE TE QUERO VERDE
OS ESPECTÁCULOS DE OIMA E PAKOLAS PROGRAMADOS PARA O VINDEIRO DOMINGO NO PROGRAMA MUNICIPAL VERDE QUE TE QUERO VERDE
A cita, dirixida a público familiar e infantil, terá lugar no espazo verde da rúa Francisco Pizarro da Solaina a partir das 12.30 horas
Narón, 16 de xullo de 2019. O vindeiro domingo, día 19, o programa municipal Verde que te quero verde contará coas actuacións de Oima e Pakolas neste ciclo desenvolvido en espazos públicos da cidade e impulsado dende o Padroado da Cultura de Narón. Os espectáculos programados para esta xornada terán lugar na rúa Francisco Pizarro, na Solaina, a partir das 12.30 horas.
A primeira actuación do domingo correrá a cargo do trío instrumental Oima, formado por Antía Ameixeiras (violino), Olalla Liñares (clarinete) e Martín Senande (acordeón diatónico) que presentarán o seu primeiro traballo interpretando música para baile de tradición galega e europea.
Na segunda actuación da xornada, Pakolas fará partícipe á audiencia das súas cancións para rockear, para soñar e para aprender. A través da súa voz e coa guitarra amosará o seu novo traballo cantando e contando algunhas das historias fantásticas nas que os animáis serán os protagonistas: Baldomero o Mero, Xabarín con bombín, Furafollas, A quenlla madrugadora, Mc Pac, Ri salta ri corre, etc.
Os encontros musicais de Verde que te quero verde diríxense a todo tipo de públicos e teñen entre os seus obxectivos ofrecer aos espectadores espazos de lecer nos que poder socializar cunha serie de concertos de balde impulsados a través do Padroado da Cultura e que conforman nesta ocasión a cuarta edición deste programa municipal.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal