Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE MOCIDADE ESTREA PÁXINA WEB CON INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A XUVENTUDE
O enderezo é o seguinte: www.dameuntoke.eu
Narón, 5 de Xuño de 2009.- A Concellería de Mocidade, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de presentar a primeira páxina web específica para os mozos/as de Narón. Trátase dun espazo “cercano e amigable, onde pode atoparse información de interese para os mozos/as de xeito resumido e cun acceso fácil e rápido”. Esta é a dirección: http://www.dameuntoke.eu A nova web da Concellería de Mocidade estructúrase nas seguintes seccións: emprego, educación, ocio, saúde, vivenda, novas de Narón, e medio ambiente. Tamén permite ós usuarios establecer contacto coa Concellería, a través dun buzón de suxestións. Trátase dunha primeira fase de contacto coa mocidade, á que se pretende manter informada sobre as actividades e recursos disponibles para os mozos/as de Narón. “Queremos que siga medrando e aportar máis contidos e seccións, pero o máis importante é que os xóvenes síntanse identificados coa súa información”, sinalou a edil. Para promocionar entre a xuventude esta nova canle de comunicación –que máis adiante incluirá tamén outros instrumentos de participación coma os foros e servizos on-line-, a Concellería de Mocidade repartirá pegatiñas co enderezo web nos institutos de Narón. Tamén se aproveitará a celebración do Encontro da Mocidade, no día de mañá no Pavillón da Mocidade de A Gándara, para dar a coñecer este novo sitio de Internet.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal