Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TRAMO DA RÚA DA PAZ CORTARASE AO TRÁFICO RODADO O LUNS PARA EXECUTAR OBRAS NAS BEIRARRÚAS
O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, explicou que o corte será efectivo a partir das 8.00 horas e que se permitirá acceder aos residentes para estacionar
Narón, 17 de xullo de 2020. O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, informa do corte ao tráfico rodado, o vindeiro luns día 20, dun tramo da rúa da Paz, na Gándara. Prohibirase a circulación a partir das 8.00 horas entre a rúa Álvaro Cunqueiro e a rúa da Igrexa, se ben estará permitido o acceso ás veciñas e veciños da zona para estacionar, tal e como apuntou Romero. O concelleiro naronés explicou que a medida se adoptou para executar obras nas beirarrúas do citado vial, polo que o corte se manterá mentres se levan a cabo os traballos. Romero solicitou desculpas á veciñanza polas molestias que poida ocasionar este corte que impedirá circular polo citado tramo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal