Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA E OS EDÍS DE SEGURIDADE CIDADÁ E SERVIZOS VISITARON OS CORREDORES ACTIVOS INSTALADOS NA GÁNDARA E A SOLAINA
A ALCALDESA E OS EDÍS DE SEGURIDADE CIDADÁ E SERVIZOS VISITARON OS CORREDORES ACTIVOS INSTALADOS NA GÁNDARA E A SOLAINA
Marián Ferreiro destacou que se trata dunha iniciativa sensorial, lúdica e formativa, dirixida ás nenas e nenos e que complementa o traballo que se realiza nas aulas
Narón, 20 de xullo de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e os edís de Seguridade Cidadá, Román Romero, e Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse esta mañá á Praza da Gándara e á Praza 23 de Novembro, na Solaina, para visitar os dous corredores activos instalados en zonas públicas da cidade. “Esta iniciativa súmase a todo o traballo que se está facendo dende o equipo de Educación Viaria do Concello de Narón a prol da formación nesta materia, tendo moi presente a importancia do papel que as nenas e nenos, dende ben pequenos, xogan na seguridade viaria”, asegurou a alcaldesa, Marián Ferreiro.
Os corredores activos da Gándara e A Solaina complementan aos instalados tanto no interior dalgúns centros educativos da cidade como no exterior –nos colexios do Val e Ponte de Xuvia-, e que se dirixen a alumnado de educación Infantil e Primaria. A través dun percorrido deseñado especificamente para a ocasión os menores “dispoñen dunha zona de saída para camiñar sobre un tramo con semáforos, pasos de peatóns, túneles, animais, sinais de tráfico e indicacións sobre a igualdade, e a reciclaxe, co novo contenedor orgánico de cor marrón que moi axiña se instalará nas rúas de Narón”, apuntou Ferreiro.
O proxecto dos corredores activos iniciouse en Narón no ano 2018 e na actualidade divídese en tres áreas: os corredores dos centros de ensino, a aprendizaxe a través dunha actividade de robótica cun robot educativo e unha alfombra que están nas aulas e, dende agora, con dous corredores en espazos públicos da cidade. “En definitiva, trátase de rutas que proporcionan información sensorial e de aprendizaxe sobre hábitos e comportamentos orientados á mobilidade e á sustentabilidade, estimulando a aprendizaxe sobre materias que desenvolven durante o curso escolar”, asegurou a alcaldesa.
As nenas e nenos realizan actividade física –saltan, flexionan…- desenvolvendo dun xeito lúdico as súas capacidades psicomotrices e, ao mesmo tempo, as intelectuais, realizando o que para eles é unha especie de xogo dun xeito autónomo e esforzándose en concentrarse para ir avanzando correctamente no percorrido dos corredores activos”, explicou Ferreiro.
A alcaldesa incidiu en que “con este tipo de iniciativas levamos tamén a Educación Viaria fóra das aulas, complementando así á formación dos colexios e concienciando ás nenas e nenos sobre a importancia de respectar os sinais de tráfico fomentar a igualdade e tamén coidar o noso medio ambiente”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal