Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ INICIA A SÚA ANDAINA NAS REDES SOCIAIS E RETOMARÁ A ACTIVIDADE EN SETEMBRO
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, animou á veciñanza a manterse informados sobre a Escola de Participación a través das redes sociais que comezan a funcionar hoxe
Narón, 22 de xullo de 2020. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, anunciou hoxe que a Escola de Participación Cidadá de Narón retomará a súa actividade a partir do vindeiro mes de setembro, coa presentación do programa de accións do último cuadrimestre do ano. “Co fin desta posta a punto trala pandemia da Covid-19, traballouse na creación das redes sociais que estarán operativas dende hoxe mesmo para que as veciñas e veciños poidan estar ao día de cantas propostas se vaian desenvolvendo”, explicou a edil naronesa. García animou á cidadanía de Narón a seguir tanto a páxina de Facebook como o perfil de Instagram e a canle de YouTube –EscolaParticipacionNaron- para dispoñer de toda a información que se vaia ofrecendo a través das redes. Ademais explicou que o Concello, ao retomar o traballo desta Escola de Participación, cumpre cun compromiso adquirido nos Consellos Territoriais coas propias entidades locais. “A Escola de Participación Cidadá iniciou a súa andaina hai varios anos e dende entón foi avanzando nas liñas establecidas polo Regulamento de Participación Cidadá do Concello e integrando diferentes iniciativas que co paso do tempo se foron impulsando a través desta área”, indicou a concelleira responsable. O labor que se desenvolve divídese en cinco grandes áreas: Atención á cidadanía e Estudo do movemento asociativo, Secretaría dos Consellos Territoriais e Consellos Xerais, Plenos escolares, Formación e Plataforma de Participación Cidadá. A través da plataforma municipal: www.naronparticipa.es entidades e persoas físicas poden rexistrarse e realizar achegas sobre determinadas normativas municipais. “Hai tan só uns días remataba o prazo de presentación de suxestións, a través desta plataforma, a catro normas do Plan Normativo 2020, un procedemento que xa realizamos en anos anteriores e a través do que lle queremos dar á cidadanía a posibilidade de aportar as súas consideracións sobre determinadas normas para que posteriormente o persoal técnico correspondente estude a súa viabilidade”, apuntou. As persoas que desexen recibir máis información sobre a Escola de Participación Cidadá do Concello de Narón poden dirixirse ao correo electrónico: escolaparticipacion@naron.es ou chamar ao número de teléfono: 603 865 413. A edil naronesa recordou que nestes meses estase tamén elaborando un estudo do movemento asociativo que permitirá coñecer a realidade do asociacionismo en Narón e deseñar accións encamiñadas a respostar ao seus retos. O estudo consta dunha enquisa para entidades, socias/os e outra para a cidadanía en xeral e que se poden completar ata o vindeiro día 31 de xullo, unha proposta á que García animou a participar a todas e todos os veciños de Narón a través da plataforma Narón Participa. “Esta Escola representa un excelente medio a través do que dar resposta de xeito integral e innovador á Participación Cidadá na nosa cidade, integrando os principais desafíos do momento actual”, subliñou García.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal