Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
"ANTONIO LIZANA TRÍO" E "FANTASÍA COAS PALABRAS" PECHARÁN ESTE DOMINGO O PROGRAMA "VERDE QUE TE QUERO VERDE"
A última cita do programa, organizado polo Padroado da Cultura, terá lugar na rúa Mariña Española, na Solaina
Narón, 23 de xullo de 2020. O programa municipal “Verde que te quero verde”, impulsado a través do Padroado da Cultura de Narón, rematará esta fin de semana, o domingo 26, cos dous espectáculos programados na rúa Mariña Española, na Solaina. A partir das 12.30 horas dará comezo esta cita musical, que nesta ocasión correrá a cargo de "Antonio Lizana Trío" e "Fantasía coas palabras".
"Antonio Lizana Trío" compón, escribe, canta e toca o saxo, amenizando os seus concertos coa tradición flamenca combinada coa vangarda do jazz. Acompañado polos seus músicos formou unha das agrupacións máis recoñecidas a nivel estatal e este domingo as veciñas e veciños que se acheguen á rúa Mariña Española poderán gozar cos seus temas.
Actuarán tamén na última cita de “Verde que te quero verde” María Faltrí e Jorge Juncal, cunha serie de composicións para público infantil e familiar, un repertorio resultado dun traballo, “Fantasía coas palabras” no que se festexan cancións cargadas de ritmo e fantasía.
A cuarta edición do programa “Verde que te quero verde”, organizado para levar as propostas culturais a espazos públicos da cidade, iniciouse o pasado 5 de xullo. Dende entón, cada domingo deste mes sucedéronse dous espectáculos musicais dirixidos a público familiar.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal