Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAVILLÓN DE A GÁNDARA ACOLLERÁ O XVII TROFEO INTERNACIONAL DE NATACION 'CIDADE DE NARÓN'
O PAVILLÓN DE A GÁNDARA ACOLLERÁ O XVII TROFEO INTERNACIONAL DE NATACION 'CIDADE DE NARÓN'
Se celebra o sábado 13 de xuño, coa participación de 214 nadadores de España e Portugal
Narón, 8 de Xuño de 2009.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o XVII Trofeo Internacional de Natación ‘Cidade de Narón’, organizado pola Agrupación Deportiva Náutico de Narón en colaboración co Padroado de Deportes de Narón e a Deputación de A Coruña. Máis de 200 nadadores/as tomarán parte neste campionato, que terá lugar o sábado 13 de xuño no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, en horario de mañá e tarde.

Segundo explicou o entrenador do Náutico de Narón, entidade organizadora, ata o momento están inscritos 214 deportistas de 14 clubes (2 portugueses, un asturiano e 11 galegos). Amando Guerrero sinalou que este trofeo “por décimo ano consecutivo ten a categoría de internacional, o que ven a darlle aínda máis relieve ó evento, concebido coma unha competición por equipos”, dixo.

A principal novidade da 17ª edición do Cidade de Narón de Natación é a celebración dun relevo de 8x50 metros libres. Ademáis, o clube entregará dous premios: por un lado o VII Memorial Javier Lago, e por outro o IV Trofeo Náutico de Narón –ambos premiarán ás mellores marcas individuais-.

Os equipos que parten como favoritos nesta competición, ó mesmo que en edicións anteriores, son os seguintes: CN Villa de Navia (Asturias), GespaÇos (Portugal), CN Riveira, CN Ferrol, e Náutico de Narón.

A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, agradeceu ó Nautico de Narón o esforzo e adicación que teñe durante todo o ano co deporte e a xente xoven do municipio. “Estamos encantados de poder colaborar con eles”, destacou. Pola súa banda, a presidenta da Agrupación Deportiva Nautico de Narón, Mª José Suárez, declarou que “sin a axuda do Concello sería imposible levar a cabo este trofeo, polo que agradézolle enormemente que siga apoiándonos”, dixo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal