Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REFORZOU O SERVIZO DE INTERMEDIACIÓN LABORAL DIRIXIDO ÁS EMPRESAS E PERSOAS DESEMPREGADAS DE NARÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou a colaboración establecida dende o Concello coas empresas para que dispoñan de perfís profesionais adpatados ás súas necesidades
Narón, 24 de xullo de 2020. O goberno local naronés reforzou o servizo de atención laboral a través da Concellería de Formación e o Servizo Sociocomunitario Municipal contratando, dende mediados deste mes, a unha persoa para levar o programa de intermediación laboral. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, valorou a mellora neste servizo, en canto que tamén permitirá, indicou, “obter perfís profesionais de persoas que poidan optar a empregos concretos e tamén dispoñer de datos actualizados das empresas da comarca que nos posibiliten coñecer as súas necesidades, tanto na área de persoal como na formativa, para definir o perfil futuro da demanda de persoal e adecuar a eses perfís a nosa oferta formativa”. As vantaxes do reforzo do servizo de intermediación laboral tamén farán posible facilitar a inserción laboral de persoas que rematan accións formativas impulsadas dende o Concello, as que acoden ao Servizo de Orientación Laboral e mesmo a aquelas que participan no Programa Integrado para o Emprego. “En definitiva, esta medida supón unha forte aposta por dinamizar a actividade económica non só no termo municipal naronés, senón na comarca en xeral, incentivando a creación de emprego e establecendo un nexo de unión entre o Concello e as empresas que redunde nesas posibles contratacións de persoas desempregadas de Narón”, apuntou a alcaldesa. Na actualidade estanse impartindo no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, con cargo a recursos propios maioritariamente e en instalacións municipais, varias accións formativas, en horario de mañá e tarde. “Dende o pasado 1 de xullo e ata finais de ano contratouse a unha persoa para desenvolver o labor de conserxe polas tardes, o que nos permite materializar o programa formativo que tiñamos previsto para este ano e que, debido á crise sanitaria da Covid-19 tivemos que suspender o pasado mes de marzo e retomar hai tan só unhas semanas”, explicou a rexedora local. “O Concello de Narón continúa apostando pola formación e cualificación das persoas desempregadas, sendo o único concello da comarca que ofrece formación para o emprego non subvencionada, con recursos propios, o que lle permite realizar diversas accións fomativas de 400 horas con prácticas en empresas e de varios sectoresde actividade”, subliñou a alcaldesa. Ferreiro, que visitou esta mañá as instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, recalcou que deste xeito o goberno local “colabora coas empresas para que dispoñan de perfís profesionais formados e adaptados ás súas necesidades, complementando a formación do noso alumnado coa disposición de diversidade de servizos para conquerir a súa inserción laboral”. O Centro de Formación Municipal Irmás Froilaz, donde a día de hoxe se imparten oito cursos, será obxecto nos vindeiros meses de importantes melloras en materia de accesibilidade, estando programda unha actuación orzamentada en 100.972 euros Con cargo ao POS da Deputación da Coruña e fondos municipais. A maiores, a mellora da envolvente térmica do edificio que se cofinanciará con cargo a fondos europeos (a través dunha subvención do IDAE) e suporá un investimento de 372.063 euros. Estas últimas obras permitirán mellorar as condicións térmicas de habitabilidade e a eficiencia enerxética das instalacións.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal