Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNHA NOVA ACTIVIDADE DO PROGRAMA MUNICIPAL NARÓN EN TRANSICIÓN, ECOSISTEMAS DE NARÓN. LIC XUVIA-CASTRO
O itinerario didáctico terá lugar o día 1 de agosto cun percorrido aproximado de 5.400 m. de Sedes a Xuvia, cun máximo de 20 participantes, previa inscrición
Narón, 27 de xullo de 2020. O programa municipal Narón en Transición convoca para o vindeiro sábado día 1 de agosto ás 10.00 horas, unha nova actividade ´Ecosistemas de Narón´ enmarcado nos Itinerarios didácticos. Nesta ocasión a actividade desenvolverase con saída e chegada nos apeadoiros de FEVE de Sedes e Xuvia. Os itinerarios didácticos son propostas integradoras que suman as vantaxes da actividade física saudable coa interpretación do medio a través das explicacións de persoas expertas. O percorrido da actividade Ecosistemas de Narón: LIC Xuvia- Castro, cunha distancia de 5.400 m. aproximadamente, transcorre por camiños de terra e sendeiros de herba polo que se recomenda levar botas impermeables. A dificultade pódese considerar baixa, con poucos desniveis, paradas frecuentes e indicado para tódolos públicos. O itinerario didáctico contará cun grupo máximo de 20 prazas previa inscrición. As persoas interesadas en participar nesta actividade poden consultar e descargar toda a información na páxina web do Concello www.naron.es e no enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/itinerarios-didacticos-naron-en-transicion

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal