Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
PRESENTADO NO CONCELLO "NOITES Á FRESCA" NOVA PROPOSTA DE LECER QUE TEN POR OBXECTO DESENVOLVER PROXECTOS CULTURAIS DE CALIDADE EN ESPAZOS DE INTERESE PATRIMONIAL E TURÍSTICO
PRESENTADO NO CONCELLO
O evento desenvolverase en dúas xornadas na zona da magnolia centenaria de Xuvia o venres 7 e sábado 8 de agosto, coas actuacións de `Eladio y los seres queridos` e ´Faltriqueira´, respectivamente
Narón, 31 de agosto de 2020. Esta primeira edición constará de dúas noites de música en directo arroupados pola magnolia centenaria de Xuvia, sen dúbida un dos máis importantes emblemas naturais do Concello, árbore protexida no ordenamento municipal que, segundo algunhas fontes, pode ser a máis antiga de Galicia.
A concelleira de Festas e Turismo, Natalia Hermida, suliñou que esta nova proposta de lecer ten por obxectivo consolidarse como unha proposta atractiva de ocio de verán nun entorno urbano singular.
O evento desenvolverase en dúas xornadas. o venres 7 de agosto ás 22.00 horas terá lugar a actuación do grupo `Eladio y los seres queridos`. Cancións con melodías e retrousos de perfecta factura e letras de Eladio Santos que escribe actualizando con brillantez canons clásicos desde a naturalidade e a frescura. Temas que van desde o pop máis clásico a sons máis indies e rock pasando polo folk ata a canción de autor. Gañadores do Premio Martín Códax dá Música Galega a Mellor Grupo Indie/Pop en 2013 e 2018 e Premio MIN da Música Independente 2017 a Mellor álbum en galego por Cantares (2016).
O sábado 8 de agosto actuará `FaltriqueiraŽ, un proxecto vocal con máis de 20 anos pisando os principais escenarios da world music, que renace a unha nova realidade e presenta novo repertorio. Novas melodías, novos ritmos e novas fronteiras que atravesar. O grupo ofreceu concertos tanto na Península Ibérica, como en lugares tan exóticos como nas illas Bermudas ou Namibia, e gañaron
tamén o recoñecemento do público en festivais como o Etnofestival de San Marino, Rock in Río en Lisboa, o Fórum das Culturas en Barcelona e o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, participaron así mesmo na XV Edición do Festival Perc Pan de Brasil, con actuacións nos máis importantes teatros de Río de Janeiro e Salvador de Bahía, acadando unha grande acollida.
Hermida recordou que as entradas estarán dispoñibles a partir das 10.00 horas do luns 3 de agosto na plataforma dixital Ataquilla.com ate completar o aforo. O público que dispoña de entrada deberá estar no día e hora do evento 20 minutos antes do inicio. Así mesmo, o público asistente deberá seguir en todo momento as normas de seguridade fixadas pola organización, tanto da cartelería informativa como as indicacións do persoal.
Por un erro de programación na web de Ataquilla, as entradas para os dous espectáculos de Noites á Fresca non estiveron dispoñibles ás 10:00 horas de hoxe, como anunciamos.
Por esta razón, decidimos non activar as reservas durante todo o día de hoxe para asegurar que todas as persoas interesadas podan acceder ás entradas en igualdade de condicións.
As entradas para os concertos estarán dispoñibles na web www.ataquilla.com o MARTES 4 DE AGOSTO ÁS 10:00 horas
Pregamos desculpen as molestias.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal