Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
REUNION NO CONCELLO CON RESPONSABLES DE CERCANIAS DA EMPRESA FEVE
REUNION NO CONCELLO CON RESPONSABLES DE CERCANIAS DA EMPRESA FEVE
O Alcalde e o Edil de Transportes prantexan á empresa distintas cuestións relacionadas co municipio
Narón, 8 de Xuño de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Transportes, Serafín González, reuníronse hoxe no Concello con responsables da empresa FEVE para tratar distintos temas de actualidade. Os políticos locais tiveron como interlocutores á directora xerente de Cercanías Rexionais de FEVE, Diana González Méndez, e ó delegado en Galicia de Cercanías Rexionais de FEVE, Antonio Gómez Gil.

A reunión foi calificada de “cordial” polo Alcalde, Jose Manuel Blanco, quen explicou que no encontro se trataron fundamentalmente cinco cuestións. Por unha banda, se lles plantexou a preocupación do Concello polo atraso que acumulan as obras de desdobre da vía de FEVE ó seu paso por este municipio. “A día de hoxe, do proxecto que presentaron no Concello tan só contrataron as obras en duas pontes, quedando o resto pendente de contratación”, sinalou.

Por outra banda, FEVE confirmou ós políticos locais a súa intención de manter intacto o horario dos servizos de cercanías que discurren entre Ferrol e Ortigueira, polo cal non se suprimirá ningunha liña ó contrario do que alertou no seu momento o comité de empresa. “Os traballadores poden estar tranquilos porque FEVE vai manter os viaxes existentes e non reducirá servizos”, comentou o rexedor.

Outra das cuestións tratadas na reunión foi a petición do Alcalde e do Edil de Transportes para que FEVE efectúe amaños urxentes nos apeadeiros de Pedroso e Sedes, actualmente en mal estado. Os representantes municipais pediron tamén á empresa de transporte que realice obras de reforzo das pontes de A Revolta e Ferrerías, co obxectivo de garantir a seguridade da circulación nestos treitos.

O cuarto tema debatido no encontro foi a solicitude, efectuada polo Concello, para levar a liña ferroviaria que discurre por Narón ata o porto de Curuxeiras, en Ferrol, en lugar de finalizar o traxecto na Estación de Trenes de Ferrol. “Prantexámoslles a posibilidade de utilizar a modo de tranvía esa liña, e tamén o traslado da estación de mercadorías ata o polígono de Leixa, e conectar á súa vez este punto co Polígono de Río do Pozo e co Porto Exterior”, explicou Blanco.

Finalmente, o Concello de Narón propón a FEVE a potenciación dos trenes turísticos, ofrecendo destinos atractivos para os grupos de viaxeiros que poidan xurdir (coma escolares, ou persoas da terceira idade). “Poderíamos ofrecerlles rutas de tren para visitar lugares de Narón coma o parque temático Aldeanova, o Muiño de Pedroso, e mesmo o eixe comercial de A Gándara”, dixo o Alcalde.

Para continuar avanzando nesta idea, o Concello enviará ós responsables de FEVE información sobre os recursos turísticos deste municipio.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal