Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
PERMANECE ABERTO NO CONCELLO ATE O DÍA 14 DE AGOSTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL DIDÁCTICO E COMEDORES ESCOLARES DO CURSO 2020-2021
PERMANECE ABERTO NO CONCELLO ATE O DÍA 14 DE AGOSTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL DIDÁCTICO E COMEDORES ESCOLARES DO CURSO 2020-2021
As persoas que precisen solicitar máis información poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello
Narón, 03 de agosto de 2020. A concelleira da área de Ensino, Mercedes Taibo, recorda que o Concello mantén aberto ate o venres 14 de agosto o prazo de solicitude das axudas municipais para adquisición de material didáctico escolar para alumnado de centros de ensino públicos e concertados e as axudas de comedores para alumnado de centros concertados no vindeiro curso académico 2020-2021. Taibo indicou que as solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas-, na Sede Electrónica ou por calquera outro medio previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
As axudas para material didáctico e escolar para alumnado de centros públicos e concertados de Narón serán para matriculados en segundo ciclo de Educación Infantil, educación Primaria e Secundaria, Bacharelato, FP de Ciclos medios, Educación Secundaria de Adultos e Centros de Educación Especial. Diríxense a familias empadroadas en Narón e cuxa capacidade económica non supere os umbrais económicos establecidos na convocatoria e demais requisitos da mesma, que se poden consultar na páxina web do Concello, a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Bases-Material-Escolar-curso-2020-2021-BOP-24-07-2020.pdf as de material escolar, e de: http://www.naron.es/web/docs/Bases-Comedor-Escolar-curso-2020-2021-BOP-24-07-2020.pdf as dos comedores escolares.
Así mesmo, en canto ás axudas de comedor escolar, destínanse a familias de alumnado escolarizado en centros docentes concertados de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria con dificultades socioeconómicas e de conciliación da vida familiar e laboral.
As persoas interesadas en solicitar máis información sobre as persoas destinatarias destas axudas, documentación a presentar ou impreso de solicitude poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal