Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA CONVOCA CATRO SESIÓNS DA "FESTA DO XOGO 2020"
O Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, recordou que a iniciativa se desenvolverá nos meses de agosto e setembro
Narón, 10 de agosto de 2020. O Padroado da Cultura de Narón organizou para este verán unha nova edición da “Festa do Xogo”, unha actividade que representa unha aposta pola recuperación dos xogos tradicionais e que se combina con outras propostas de habelencias, actividades medioambientais… O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que se trata dunha convocatoria “a través da que fomentamos unha proposta con carácter interxeracional, dirixida a persoas de todas as idades e que se desenvolverá durante catro xornadas en espazos públicos da cidade”. A primeira das citas terá lugar este mes, concretamente o vindeiro día 30, no barrio da Gándara, para continuar no mes de setembro, o día 6 na Solaina, o 13 en Xuvia e, finalmente, o día 20, en Freixeiro. Os catro obradoiros da “Festa do Xogo 2020” permitirán “traballar de xeito transversal valores de desenvolvemento sostible, xustiza social… mediante unha serie de actividades de carácter lúdico”. Trátase dunha proposta de balde, na que se incluirán varios xogos como o tiracoios, a rá, pesca de botellas, e outros como xadrez, puzles, malabares…que se desenvolverán en espazos ao aire libre, tal e como recordou o edil naronés.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal