Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ÚLTIMOS DÍAS PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA MATERIAL DIDÁCTICO E COMEDORES ESCOLARES DO CURSO 2020-2021
ÚLTIMOS DÍAS PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA MATERIAL DIDÁCTICO E COMEDORES ESCOLARES DO CURSO 2020-2021
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que o venres día 14 será o último día para poder solicitar estas axudas
Narón, 11 de agosto de 2020. O Concello pechará este venres, día 14, o prazo de solicitude das axudas convocadas dende o Concello para adquisición de material didáctico e escolar dirixidas a alumnado de centros públicos ou concertados e de comedor para os centros concertados no curso académico que se iniciará no mes de setembro. As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello –de luns a venres, de 8.30 a 13.00 horas-, na Sede Electrónica do Concello ou a través de calquera outro medio previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, tal e como recordou a edil de Ensino, Mercedes Taibo.
O alumnado de centros de ensino públicos e concertados de Narón, matriculado no segundo ciclo de educación Infantil, educación Primaria e Secundaria, Bacharelato, FP de Ciclos medios, Educación Secundaria de Adultos e Centros de Educación Especial é o destinario as axudas de material didáctico e escolar para familias empadroadas en Narón, cuxos requisitos ao completo se poden consultar a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Bases-Material-Escolar-curso-2020-2021-BOP-24-07-2020.pdf.
En canto ás axudas para os comedores escolares, os requisitos pódense consultar no enlace: http://www.naron.es/web/docs/Bases-Comedor-Escolar-curso-2020-2021-BOP-24-07-2020.pdf. A estas últimas poden optar as familias de alumnado escolarizado en centros docentes concertados de segundo ciclo de educación Infantil, educación Primaria e Secundaria con dificultades socioeconómicas e de conciliación da vida familiar e laboral.
Para obter máis información, as persoas interesadas en solicitala poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal