Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O GRUPO MUSICAL "DEQUENVESSENDO" ACTUARÁ O VINDEIRO 20 DE SETEMBRO NO PARQUE FLUVIAL DE FREIXEIRO
O GRUPO MUSICAL
A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, avanzou que a cita dará comezo ás 12.00 horas e non será precisa inscrición previa
Narón, 12 de agosto de 2020. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a actuación do grupo de música galega "Dequenvessendo", prevista para o vindeiro 20 de setembro ás 12.00 horas no parque fluvial de Freixeiro. A edil naronesa explicou que se trata dunha proposta concedida ao Concello pola Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística e que coincidiría no tempo e espazo coa celebración da “Festa do Xogo” organizada polo Concello.
“A través desta actividade apostamos por dinamizar o uso da lingua galega, neste caso a través dunha proposta musical dun grupo cun marcado carácter folk e moi recoñecido no panorama galego”, apuntou. Bieito Romero, Irene Cerqueiro, Pablo Rosales, Nathael Regueiro, Miguel Ocampo e Miguel Rosales integran a formación "Dequenvessendo", que interpretará na cidade temas do seu álbum “Cantos das xacias”.
Taibo avanzou que non será preciso inscribirse previamente para poder asistir, se ben se instalará unha zona con cadeiras para o público e se establecerán as pertinentes medidas sanitarias de prevención fronte á Covid-19, que deberán cumprir todas as persoas que acudan ao concerto e tamén á Festa do Xogo prevista para o vindeiro 20 de setembro en Freixeiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal