Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO "TEMPO DE COLLEITAR, TEMPO DE CONSERVAR"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO
A concellería de Promoción Económica, dirixida polo edil David Pita, organiza a convocatoria, que terá lugar os días 28 e 29 deste mes, en colaboración coa Asociación Terra Rendible
Narón, 19 de agosto de 2020. O edil de Promoción Económica, David Pita, e o presidente da asociación Terra Rendible, Manuel Fernández, presentaron esta mañá no Concello o curso “Tempo de colleitar, tempo de conservar”. A convocatoria, de balde e con inscrición previa, terá lugar os días 28 e 29 de agosto nas inmediacións do local social do Val, tal e como anunciou Pita. As inscricións deben realizarse antes do 25 deste mes a través do correo electrónico: terrarendible@gmail.com ou a través do Whatshapp, chamando ao teléfono 604 024 849, indicando o nome e apelidos, enderezo e número de teléfono móbil.
O edil naronés destacou que se trata dun curso para aprender a facer conservas de produtos tanto do mar como da horta, con diferentes técnicas: en aceite, deshidratación, fermentación, en vinagres e manzanillas… Pita agradeceu o labor que a asociación Terra Rendible realiza no Concello e incidiu en que esta convocatoria “supón unha oportunidade para rentabilizar a produción”, ao tempo que animou ás persoas interesadas a anotarse para cubrir as 25 prazas dispoñibles.
Pola súa banda o presidente de Terra Rendible recordou que “o sector primario colleita na época do verán e no outono” e asegurou que “vivimos uns tempos de reflexión e de voltar a pensar no que aprendemos dos nosos antergos, que procuraban ter a despensa chea para o inverno coas súas propias colleitas”. Fernández animou a “coller o chip de aproveitar, e non tirar os excedentes alimentarios” e realizar conservas que se poderán utilizar durante varios meses. O presidente da asociación agradeceu a implicación do Concello e ao igual que Pita, a colaboración da Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val.
Os asistentes poderán ver como se realizan conservas de bonito –utilizando aceite de Quiroga-, de cenorias… e outros produtos, tal e como avanzaron dende a organización.
Finalmente Pita recalcou que será obrigatorio acudir con máscara e que haberá xel hidroalcohólico e se manterán as distancias de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal