Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LICITA EN 574.000 EUROS A URBANIZACIÓN DO VIAL DE ACCESO AO NOVO CENTRO DE SAÚDE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que as empresas interesadas en presentar as súas ofertas poderán facelo ata o 14 de setembro
Narón, 25 de agosto de 2020. O Concello licita en 574.056 euros o proxecto de acondicionamento exterior do ámbito do Plan Especial de Dotacións en Freixeiro, con cargo ao que se acometerá o vial de acceso ao novo centro de saúde. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que recordou que toda a información está publicada na Sede Electrónica do Concello e indicou que as empresas interesadas en presentar as súas ofertas a esta actuación poden facelo ata o vindeiro 14 de setembro ás 23.59 horas. Ao novo centro de saúde do Alto, actualmente en construcción, accédese a través do Camiño do Lodairo, un vial secundario perpendicular á estrada de Castela e que se urbanizará e dotará de servizos con cargo a esta intervención, segundo recordou Ferreiro. O proxecto implica a construción dunha rotonda na propia estrada de Castela para facilitar as conexións ao novo centro de saúde e tamén os accesos ao Camiño do Lodairo en calquera dirección. O vial terá dous carrís de tres metros de ancho e dous estacionamentos en batería e as beirarrúas que discurrirán polo tramo terán un ancho variable en función da zona, para adaptarse á configuración da actuación. En ambos marxes do Camiño do Lodairo, dende uns metros máis adiante da rotonda ata as inmediacións do centro de saúde, habilitaranse máis de medio cento de prazas de estacionamento en batería, algunhas delas, as máis próximas ás novas instalacións sanitarias, reservadas para persoas con mobilidade reducida. O proxecto inclúe a maiores a dotación de todos os servizos necesarios: abastecemento, saneamento, telecomunicacións, recollida de pluviais, canalización eléctrica e de gas, instalación dunha rede de rego e alumeado. Unha vez adxudicados os traballos, a empresa que resulte adxudicataria dos mesmos deberá materializar o proxecto nun prazo de catro meses. “Coa materialización deste proxecto o Concello cumpriu todos os compromisos adquiridos co Servizo Galego de Saúde para que o novo centro sanitario que tanto precisa a nosa cidade sexa canto antes unha realidade e poida comezar a atender ás veciñas e veciños”, asegurou a alcaldesa. O Concello naronés desembolsou 1,4 millóns de euros, cedeu a parcela na que se constrúe a edificación e tamén sufragará os gastos derivados do acondicionamento e dotación de servizo do vial de acceso ao centro con este proxecto actualmente en licitación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal