Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO SUSPENDE A CELEBRACIÓN DA "FEIRA DO MOTOR DE NARÓN" DEBIDO Á ACTUAL SITUACIÓN SANITARIA
O CONCELLO SUSPENDE A CELEBRACIÓN DA
O evento, organizado polas concellerías de Feiras e Promoción Económica, dirixidas por Santiago Galego e David Pita, respectivamente, íase celebrar os días 5 e 6 de setembro
Narón, 26 de agosto de 2020. O edil de Sanidade e Feiras, Santiago Galego, anunciou a suspensión da celebración da primeira edición da “Feira do motor de Narón”, convocada para os días 5 e 6 de setembro no polígono de Río do Pozo. O edil naronés explicou que “debido á actual situación sanitaria, ante o constante incremento de casos activos de Covid-19 nos últimos días, decidimos cancelar este evento, para o que trataremos de buscar unha data en canto a situación sanitaria permita ofrecer todas as garantías para o desenvolvemento desta feira”.
A concellería de Feiras organizou o evento conxuntamente coa de Promoción Económica, presidida polo edil David Pita. A convocatoria tiña como obxectivo impulsar a venda de vehículos –de ocasión, novos, quilómetro cero, motocicletas, autocaravanas…- e de artículos de sectores vencellados ao mundo do motor. “A nosa intención de colaborar co sector é firme, polo que en canto sexa posible convocaremos de novo este evento”, asegurou Galego, que solicitou de antemán desculpas polas molestias que se puideron ocasionar ás persoas que xa tiñan confirmada a súa participación como expositores.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal