Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA "NARÓN EN TRANSICIÓN" CONVOCA UN NOVO ITINERARIO DIDÁCTICO SOBRE "A TRANSICIÓN ENERXÉTICA"
O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, anunciou que o evento reunirá a un máximo de vinte participantes o vindeiro 5 de setembro na parroquia de Sedes
Narón, 27 de agosto de 2020. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, anunciou a convocatoria dunha nova actividade do programa municipal “Narón en Transición”, prevista para o vindeiro 5 de setembro. A convocatoria sobre “A transición enerxética”, desenvolverase pola parroquia de Sedes, concretamente polas inmediacións de Aldea Nova, donde se fixou a saída e tamén a chegada deste itinerario, que dará comezo ás 10.00 horas. As persoas interesadas en inscribirse –hai 20 prazas- deben cubrir un formulario que poden descargar da páxina web do Concello, no enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/itinerarios-didacticos-naron-en-transicion e envialo á dirección: info@sedega.com ou entregalo na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello, no primeiro andar. O percorrido que realizarán os participantes é duns seis quilómetros e será obrigatorio o uso de máscara e o mantemento da distancia de seguridade. Os asistentes disporán dun caderno de campo para a recollida de mostras e realización de actividades, como describir o funcionamento dun muíño de vento e diferenciar restos megalíticos, como mámoas e menhires, que poderán ver durante o traxecto, tal e como avanzou o edil naronés.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal