Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PINTOR NARONÉS ANTONIO QUINTÍA EXPORÁ PARTE DA SÚA OBRA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que a mostra poderá verse do 3 ao 29 de setembro na sala de exposicións
Narón, 28 de agosto de 2020. O pintor naronés Antonio Quintía Basoa exporá parte das súas obras na Biblioteca municipal –na planta soto- dende o vindeiro 3 ao 29 de setembro. A mostra, tal e como avanzou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, constará de algo máis dunha vintena de cadros que amosan o estilo persoal do artista. As persoas que queiran comentar as obras co seu autor poderán facelo o xoves 3 de setembro, día no que Quintía estará na Biblioteca no horario de apertura da mostra. O horario de visita da exposición será, entre o 3 e o 11 de setembro, os luns e mércores de 18.00 a 21.00 e de martes a venres de 10.00 a 13.00. Entre os días 14 e 29 de setembro o horario será de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas. Taibo recordou que haberá xel hidroalcohólico á entrada e tamén a obrigatoriedade de que as persoas leven máscara e manteñan a distancia de seguridade.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es