Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE SOLICITUDE DE BONIFICACIÓN DE TAXAS POR RECOLLIDA DE REFUGALLOS, REDE DE SUMIDOIROS E SUBMINISTRO DE AUGA
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, indicou que as bonificacións poderán tramitarse ata o 20 de setembro
Narón, 31 de agosto de 2020. O Concello abrirá mañá o prazo de solicitude das bonificacións das taxas de recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable para o ano 2021. As persoas que as soliciten, tal e como explicou a concelleira de Benestar Social, Catalina García, poderán facelo ata o día 20 de setembro, incluído. As instancias poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón ou do Rexistro Municipal do Concello –neste último caso, de luns a venres, entre as 8.30 e as 13.00 horas-. Os impresos e a información ao completo sobre estas bonificacións poden solicitarse no Rexistro municipal ou no Servizo Sociocomunitario Municipal, no segundo andar do Consistorio. A edil naronesa explicou que aquelas persoas que teñan concedida a bonificación para este ano e se atopen nas mesmas circunstancias que se teñen en conta para a citada concesión non é preciso que a soliciten de novo. No caso de que a situación variase ou teñan concedido o 50% da bonificación e cumpran agora os requisitos para que se lles recoñeza o 75% deben acreditalo para incrementar a bonificación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal