Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LICITA EN PRETO DE 140.000 EUROS A REPARACIÓN ASFÁLTICA DE VARIOS VIAIS DA ZONA RURAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou a importancia da intervención e recordou que as empresas interesadas en presentar as súas ofertas poderán facelo ata o 14 de setembro
Narón, 31 de agosto de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou a licitación do proxecto de reparación asfáltica dunha vintena de camiños localizados en varias parroquias do rural naronés. Ferreiro indicou que o importe de licitación ascende a 139.653 euros e que se poderán presentar ofertas ata o día 14 de setembro, ás 23.59 horas, a través da Sede Electrónica do Concello. O proxecto contempla a reparación asfáltica ou reposición de pavimento de camiños localizados nas parroquias de Doso, Pedroso, Sedes, Castro, O Val, San Xiao, San Mateo e O Couto, entre eles os de Mosteiro, As Agras, Agrande, Vilacornelle, Os Calvos e Vilar… “En función do estado no que se atope o camiño e da súa ubicación e uso establecéronse tres tipos de actuacións, polo que nalgúns casos levaranse a cabo reparacións asfálticas que incluirán rebacheos e dobre tratamento superficial, noutros novos asfaltados con reforzo do actual firme e rego asfáltico e, nos restantes, procederase a botar zahorra en camiños de terra”, tal e como avanzou a rexedora local. En conxunto, asegurou Ferreiro, “a materialización deste proxecto permitirá mellorar o estado que presentan na actualidade unha vintena de camiños do rural que suman unha superficie que ronda os 8.000 metros cadrados, moitos deles orixinados trala concentración parcelaria e que se foron degradando co paso do tempo e de maquinaria pesada”. A maiores da reparación do firme, avanzou, “tamén se procederá a limpar as cunetas e os noiros existentes e, no caso de que se considere necesario, reabriranse novas cunetas para que poidan evacuar mellor as augas pluviais”. Na parroquia de Sedes melloraranse os camiños de Sabín, Louseiras e Placente; en Doso o de Os Calvos; en Pedroso os de Congostras-Capela da O, Mosteiro, Pedregal-Río do Couto; en San Xiao os de As Agras e Vilar; en San Mateo os de Lavandeira e Vilar-Agrelo; En Castro o de Agrande-Nelle; no Val os de Vilacornelle e Pedreira; e no Couto os de Vilar e Cornido. “Dende o goberno local consideramos que se trata dunha intervención moi necesaria, a cargo dun importante investimento que redundará na mellora de todos estes viais da zona rural, donde nos vindeiros meses continuaremos traballando neste tipo de proxectos”, asegurou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal