Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO REÚNESE COAS DIRECCIÓNS DOS CENTROS DE ENSINO DA CIDADE PARA COORDINAR O INICIO DO CURSO
O CONCELLO REÚNESE COAS DIRECCIÓNS DOS CENTROS DE ENSINO DA CIDADE PARA COORDINAR O INICIO DO CURSO
A edíl de Ensino, Mercedes Taibo, e os concelleiros de Servizos, Ibán Santalla, e Seguridade Cidadá, Román Romero, manteñen as xuntanzas coas directoras e directores de centros públicos e concertados e persoal técnico do Consistorio
Narón, 2 de setembro de 2020. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo e os edís de Servizos e Seguridade Cidadá, Ibán Santalla e Román Romero, respectivamente, mantiveron hoxe a primeira das tres xuntanzas convocadas polo Concello coas direccións dos centros de ensino públicos e concertados da cidade co obxectivo de coordinar o inicio do curso escolar. Nas reunións participa tamén persoal técnico do Concello e á desta mañá acudiron representación dos centros de ensino as directoras dos institutos das Telleiras e Terra de Trasancos, o do CPI do Feal e os dos colexios da Gándara e A Solaina.
En canto ao contido destas xuntanzas, Taibo explicou que no referente á área de Ensino, os asistentes abordan “o convenio económico para as actividades e o programa de actividades complementarias e extraescolares que se organizaban dende o Concello nos centros, analizando entre todos a viabilidade de levalas ou non a cabo no curso 2020-2021”.
Así mesmo, Santalla indicou que en materia de Servizos se abordan temas como “a limpeza dos centros e outras necesidades que no citado ámbito sexan de competencia municipal, garantíndose a desinfección de accesos aos centros antes do inicio de cada xornada escolar”.
A maiores, no referente á área de Seguridade, coordínase a entrada e saída dos centros do servizo de transporte escolar e tamén se apostará por reforzar o uso dos Camiños Escolares Seguros, promovendo que as nenas e nenos vaian camiñando, en bicicleta ou patinete aos centros e reducindo a incidencia derivada da aglomeración de vehículos particulares coincidindo precisamente cos horarios de entrada e saída do alumnado”.
As reunións continuarán desenvolvéndose ao longo desta semana, estando programadas para mañá, tal e como avanzou Taibo, as convocadas cos directores e directoras dos CEIP Virxe do Mar, Ponte de Xuvia, Piñeiros e o Colexio Rural Agrupado (CRA) e na xornada do venres as dos tres centros de ensino concertados da cidade: Ayala, Jorge Juan e Santiago Apóstol.
“Convocamos estas reunións para coñecer de primeira man e analizar as necesidades de cada un dos centros con persoal das directivas e técnicos do Consistorio, coa finalidade de coordinar un regreso seguro ás aulas, atendendo aos protocolos de prevención da Covid-19, e colaborar na medida do posible a través dos recursos que podemos ofrecer dende o Concello”, recalcou a edil de Ensino.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal