Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO HABILITA UN DISPOSITIVO ESPECIAL COA POLICÍA LOCAL E PROTECCIÓN CIVIL PARA REFORZAR A SEGURIDADE NO INICIO DO CURSO ESCOLAR
O CONCELLO HABILITA UN DISPOSITIVO ESPECIAL COA POLICÍA LOCAL E PROTECCIÓN CIVIL PARA REFORZAR A SEGURIDADE NO INICIO DO CURSO ESCOLAR
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o labor realizado conxuntamente dende os centros de ensino da cidade e o Consistorio para incrementar as medidas de seguridade fronte á Covid-19
Narón, 4 de setembro de 2020. O goberno local habilitou un dispositivo específico da Policía Local e Protección Civil para reforzar a seguridade no acceso e saída dos centros de ensino de cara ao inicio, a vindeira semana, do curso escolar. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, tras rematar hoxe mesmo as xuntanzas convocadas coas directoras e directores dos centros de ensino públicos e concertados da cidade, persoal técnico do Concello e os edís de Ensino, Mercedes Taibo; Seguridade Cidadá, Román Romero, e Servizos, Ibán Santalla. A primeira xuntanza tivo lugar o pasado mércores e hoxe a primeira hora da mañá celebrouse a última, cos directores dos centros concertados da cidade: Ayala, Jorge Juan e Santiago Apóstol.
O Plan especial que se implementará co inicio do curso escolar contempla inicialmente a presencia de axentes da Policía Local e de voluntariado de Protección Civil no momento da entrada e saída do alumnado aos centros de ensino, tal e como avanzou Ferreiro. “Nos primeiros días levarase a cabo unha labor máis intensa da que xa viñamos facendo nalgúns centros de ensino da cidade para garantir o cumprimento das medidas de seguridade conforme establece o protocolo da Covid-19”, apuntou.
A maiores, incrementaranse os espazos reservados nas zonas de “Bica e arrinca” para que as nais e pais poidan realizar as paradas para deixar e recoller aos escolares parando cos seus vehículos nun área que terá maiores dimensións.
En canto aos Camiños Escolares Seguros, a rexedora local explicou que “debido á excelente acollida que teñen na nosa cidade, grazas á colaboración e implicación das familias, potenciarémolos e analizaremos a viabilidade de incrementar as súas prestacións porque este mesmo curso estarán operativos en todos os centros de ensino da cidade, ao incorporarse agora os dos colexios da Gándara e Santiago Apóstol”. Entre as opcións que se barallan, avanzou, “está a posibilidade de que a aplicación para teléfonos móbiles coa que conta este servizo permita que por exemplo as familias comuniquen a través dela que a súa filla ou fillo non pode ir á escola para que os docentes saiban cantos alumnos terán cada día ou tamén no momento da saída do colexio, que os pais poidan avisar pola aplicación para que as profesoras ou profesores deixen saír aos menores e evitar aglomeracións no recinto escolar”.
“Quero agradecer a colaboración e boa disposición amosada dende as direccións de todos os centros de ensino da cidade para poder levar a cabo unha serie de medidas encamiñadas a garantir a seguridade do alumnado no momento do regreso ás aulas”, asegurou Ferreiro. A rexedora local destacou o traballo que as directoras e directores dos centros e o persoal técnico do Consistorio realizaron nas últimas semanas para analizar cos edís do goberno local as accións a levar a cabo para dar cumprimento ao protocolo autonómico sobre a volta ás aulas e tamén reforzar as medidas que se recollen no documento con outras que reforcen a seguridade ante a actual situación de crise sanitaria pola pandemia da Covid-19 e o incremento de persoas afectadas.
Finalmente, Ferreiro solicitou tamén a colaboración das familias “para acadar entre todas e todos que o momento de regreso ás aulas reúna todas as garantías de seguridade” e subliñou que dende o goberno local se continuará traballando para “atender calquera posible necesidade que se poida detectar para establecer todas as medidas de prevención fronte á Covid-19”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal