Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ ESTE MÉRCORES O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "CARNIZARÍA-CHACINARÍA"
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 16 setembro
Narón, 7 de setembro de 2020. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, informou que o vindeiro mércores, día 9, abrirá o prazo de inscrición nun curso de “Carnizaría-Chacinaría”, enmarcado no programa municipal de Formación. En total haberá 15 prazas, dirixidas a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello, que non teñan concedido outro curso do citado programa municipal de formación coincidente no tempo na realización. Hermida explicou que o curso se impartirá do 23 de setembro ao 23 de decembro e terá unha duración total de 435 horas. As clases na aula impartiranse no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz e serán de luns a venres, entre as 8.00 e as 15.00 horas e as prácticas no horario que se determine, a razón de sete horas diarias. A formación correspondente en obradoiros de empresas terá unha duración de 150 horas e as prácticas profesionais non laborais de 120 horas, que xunto coa parte teórica sumarán ese total de 435 horas. Entre os contidos teóricos desta acción formativa o alumnado abordará temas como a Prevención de riscos laborais no sector cárnico (incluíndo un módulo da Covid-19); Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos; Cortes básicos de carnizaría; Produtos de chacinaría; Lexislación aplicable; Atención ao público; Módulos transversais sobre a Igualdade de xénero, o emprendemento e a sensibilización medioambiental e unha charla dun responsable de RRHH. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do Rexistro Municipal do Concello, de luns a venres, en horario de 8.30 a 13.00 horas, e tamén na Sede Electrónica de Narón ou nos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O prazo para entregar as solicitudes abrirá este mércores e rematará o vindeiro 16 de setembro ás 13.00 horas. Para obter máis información pódese consultar a web do Concello, a Sede Electrónica ou chamar por teléfono ao Servizo Sociocomunitario, no 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal