Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA "NARÓN EN TRANSCIÓN" REMATA ESTE SÁBADO CUN ITINERARIO SOBRE "ECOSISTEMAS URBÁNS"
O prazo de inscrición para cubrir algunha das vinte prazas desta convocatoria está aberto, tal e como anunciou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego
Narón, 7 de setembro de 2020. O Concello convoca o último itinerario do programa municipal de actividades medioambientais “Narón en Transición”, que terá lugar este sábado, día 12, con saída ás 10.00 horas do parque de Freixeiro –inmediacións da Oficina de Turismo- e chegada ao mesmo punto unha vez realizado o itinerario. Así o anunciou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, que explicou que o percorrido co que pechará este ciclo de itinerarios, “Ecosistemas urbáns”, será de case nove quilómetros e que se prevén realizar nunhas catro horas. O cambio climático, a contaminación e impactos humanos en ríos e costas, o sistema de abastecemento, a sustentabilidade do medio rural fronte ao medio urbano e o patrimonio etnográfico e cultural forman parte dos contidos a abordar nesta proposta. “Entre as actividades que poderán facer as persoas que acudan están recollidas de augas en varios puntos dos ríos Freixeiro e Pedregal para analizalas, unha visita ao tanque de tormentas do Ponto e a lavadoiros para coñecer os usos tradicionais dos recursos hídricos”, segundo apuntou Galego. As persoas interesadas en acudir –hai un máximo de 20 prazas- deben cumplimentar un formulario que se pode descargar do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/itinerarios-didacticos-naron-en-transicion, debendo envialo á dirección: info@sedega.com ou entregalo na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello (OMIX), no primeiro andar. Galego animou á veciñanza a inscribirse neste último itinerario de “Narón en Transición” e recordou que será obrigatorio acudir con máscara, gardar as distancias de seguridade e cumprir as medidas que se indiquen dende a organización para a prevención da Covid-19.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal