Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ O DÍA 14 O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CLUB DE LECTURA FEMINISTA
O CONCELLO ABRIRÁ O DÍA 14 O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CLUB DE LECTURA FEMINISTA
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que a actividade se desenvolverá de outubro a decembro na Biblioteca municipal
Narón, 9 de setembro de 2020. A Biblioteca municipal acollerá no último trimestre do ano as sesións programadas nunha nova actividade, o Club de Lectura Feminista. A concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, anunciou que o vindeiro día 14 se abrirá o prazo para inscribirse nesta actividade, que conta cun total de dez prazas e que se cubrirán por orde de inscrición. A edil naronesa explicou que para poder participar é preciso dispoñer do carné da Rede de Bibliotecas de Galicia e, en canto ás inscricións, explicou que deberán realizarse na Biblioteca de Narón –de xeito presencial, a partir das 9.30 horas- ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. A actividade presentarase previamente ás persoas inscritas, tal e como avanzou Taibo, que acudirán o día 24 de setembro ás 18.00 horas á Biblioteca municipal de Narón.
“As xuntanzas terán lugar dous xoves ao mes, en outubro, novembro e decembro e na segunda de cada mes indicarase o texto da que se celebrará no mes seguinte”, explicou Taibo. As datas programadas para a actividade son o 8 e o 22 de outubro, o 5 e o 19 de novembro e o 3 e o 17 de decembro. “A coordinadora da actividade, Cristina Bajo, será a persoa encargada de seleccionar as lecturas e dende a Biblioteca entregarase aos participantes un exemplar da primeira “O conto da criada”, de Margaret Atwood, se ben para as seguintes poderán facer uso do servizo de préstamo da Biblioteca”, indicou.
“Trátase dunha actividade coa que queremos coñecer, reflexionar e compartir opinións sobre diferentes temas e cuestións dende unha perspectiva feminista, lendo obras de diferentes autoras”, asegurou Taibo. A concelleira naronesa incidiu no feito de que “pretendemos crear un espazo no que o debate sexa construtivo e enriquecedor e a partir do cal se poidan tecer novas redes”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal