Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE 250 MENORES PARTICIPARON NOS DOUS PROGRAMAS DE OCIO EDUCATIVO DO CONCELLO E O CAMPAMENTO DE VERÁN DO PADROADO DA CULTURA
MÁIS DE 250 MENORES PARTICIPARON NOS DOUS PROGRAMAS DE OCIO EDUCATIVO DO CONCELLO E O CAMPAMENTO DE VERÁN DO PADROADO DA CULTURA
O Concello e o Padroado da Cultura impulsaron estas iniciativas, para persoas de 3 a 18 anos, co fin de facilitar a conciliación familiar e laboral durante a tempada estival
Narón, 10 de setembro de 2020. Os dous programas de conciliación familiar organizados polo Concello Municipal, “PekeAldea” e “KDD Mocidade X Igual” e os “Campamentos de Verán” do Padroado da Cultura reuniron durante os meses de xullo e agosto a un total de 267 nenas e nenos de 3 a 18 anos, que participaron nas actividades que se levaron a cabo nas propostas que elixiron. As concellerías de Igualdade e Mocidade, dirixidas por Mar Gómez e Pablo Mauriz, respectivamente, convocaron os programas municipais, se ben o do Padroado impulsouse a través da área de Cultura, presidida polo concelleiro Guillermo Sánchez Fojo.
Un total de 196 menores participaron nos Campamentos de Verán do Padroado da Cultura, que comezaron o 6 de xullo e remataron o 21 de agosto, con quendas semanais e grupos formados por menores de diferentes idades de 3 a 5 anos; de 6 a 9 e de 10 a 12. As actividades programadas leváronse a cabo maioritariamente nas instalacións do Pazo da Cultura, aínda que tamén se realizaron algunhas no exterior. Clases de baile (deportivo, tradicional de salón e moderno), xogos tradicionais, obradoiros… foron algunhas das propostas das que gozaron os asistentes, unha media que rondou os 30 participantes por cada unha das quendas.
A maiores, dende o Concello impulsáronse dúas propostas de ocio educativo, en ambos casos de balde, os programas municipais “PekeAldea” e “KDD Mocidade x Igual”. O programa “PekeAldea” dirixiuse a menores nados entre 2008 e 2016 e programáronse catro quendas do 6 de xullo ao 31 de agosto, ás que acudiron un total de 53 nenas e nenos da cidade. Así mesmo, a segunda das iniciativas municipais, “KDD Mocidade X Igual” estaba pensada para un total de 18 rapazas e rapaces nados entre 2002 e 2007 e tivo lugar do 6 ao 12 de xullo. Estes dous programas leváronse a cabo nas instalacións do parque de Aldea Nova, na parroquia de Sedes, dispoñendo os participantes de servizo de transporte dende a Casa da Mocidade ata as citadas instalacións. Robótica, lectoescritura, experimentos, actividades medioambientais, de cooperación… formaron parte da programación destes dous programas de conciliación municipais.
Dende o goberno local aseguraron estar “moi satisfeitos pola excelente acollida que tiveron tanto as dúas propostas de ocio educativo do Concello como os campamentos do Padroado da Cultura impulsadas para fomentar a conciliación laboral e familiar e que se desenvolveron seguindo todas as medidas de seguridade”. Así mesmo, destacouse que os menores realizaron “unha moi boa valoración das actividades que se levaron a cabo nos mesmos, e así nolo trasladaron unha vez que remataron”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal