Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA DA GÁNDARA ACOLLERÁ UN NOVO OBRADOIRO DE "CHEF SOLAR E ALIMENTACIÓN SAUDABLE"
A cita desenvolverase en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, e non require inscrición previa, tal e como indicou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego
Narón, 15 de setembro de 2020. A praza da Gándara acollerá este sábado, día 19, un novo obradoiro de “Chef solar e alimentación saudable”, do programa municipal “Narón en Transición”. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, indicou que a cita se desenvolverá entre as 11.00 e as 14.00 horas e atendendo a todas as medidas establecidas para a prevención da Covid-19 debido á actual situación de emerxencia sanitaria. O edil naronés explicou que poderán asistir todas as persoas que o desexen, non sendo preciso inscribirse previamente. “Trátase dunha proposta dirixida a persoas de diferentes idades, interxeracional, na que os rapaces e rapazas poderán realizar diferentes actividades vencelladas ao medio ambiente”, asegurou. Principios básicos de enerxía solar térmica aplicada á cocción solar; modelos e tipos de cociñas solares; usos e funcionamento de cada modelo; prácticas de pasteurización e cocción e montaxe dun pasteurizador e unha cociña solar de baixo custo forman parte das propostas deste obradoiro. A maiores, durante a mañá tamén se poderá participar nun obradoiro de Pinta sol e pirógrafo solar e haberá mostras lúdicas da aplicación solar fotovoltaica e de concentración. “Son actividades participativas, lúdicas e ao tempo formativas, nas que se poderán aprender moitos conceptos ecolóxicos e técnicas e procedementos de construción e uso da enerxía solar”, apuntou Galego, que animou a asistir ás veciñas e veciños da cidade e doutros concellos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal