Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO REFORZOU EN MÁIS DE 300 HORAS MENSUAIS A LIMPEZA E DESINFECCIÓN DE CENTROS DE ENSINO
O CONCELLO REFORZOU EN MÁIS DE 300 HORAS MENSUAIS A LIMPEZA E DESINFECCIÓN DE CENTROS DE ENSINO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou que a maiores se levan a cabo campañas para intensificar a desinfección dos edificios municipais
Narón, 15 de xullo de 2020. O Concello de Narón reforzou en máis de 300 horas ao mes as tarefas de limpeza e desinfección dos centros de ensino da cidade nos que habitualmente realizaba esta tarefa. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que “durante o período vacacional estiveronse realizando traballos de limpeza e desinfección no exterior das instalacións, e tamén no interior durante o prazo de formalización das matrículas, se ben agora, co inicio do curso, decidimos reforzar este servizo nos baños e superficies de uso común durante o horario de mañá, mentres os menores permanecen no centro”.
As tarefas lévanse a cabo durante cada xornada lectiva nos colexios da Gándara, A Solaina, Piñeiros e Ponte de Xuvia, ademais de nos centros do Colexio Rural Agrupado de San Xiao, Sedes, O Val (dous edificios), Domirón e Freixeiro. “Antes do inicio do curso mantivemos reunións coas directivas de todos os colexios públicos e concertados da cidade”, recordou Ferreiro, que indicou que “no transcurso das mesmas, e co fin de coñecer as súas necesidades e a nosa posibilidade de colaborar, manifestáronnos que preferentemente eses traballos de reforzo da limpeza e desinfección se levasen a cabo durante os recreos, tal e como se está facendo, atendendo ao protocolo establecido pola administración autonómica”.
A maiores desa labor nos propios edificios, tamén se realiza a desinfección dos parques localizados nos recintos escolares.
“Dende o Concello tamén colaboramos cos centros educativos na instalación física de dispensadores de xel hidroalcohólico, atendendo así unha das peticións que nos realizaron as direccións dalgúns centros”.
O reforzo dos traballos de desinfección e limpeza para previr a Covid-19 tamén se realiza en edificios de uso continuado, como o Concello, a Aula Cemit, o Centro de Formación Irmás Froilaz e o Pazo da Cultura.
O baldeo e desinfección diarias de zonas de concorrencia pública, unha campaña de desinfección do parque de contenedores, a limpeza e desinfección diarias dos parques infantís e biosaudables de todo o termo municipal completan as actuacións que se están levando a cabo dende a área de Servizos en materia de prevención da Covid-19.
“Con todas estas medidas, dende o goberno local tratamos de reforzar ao máximo os protocolos emitidos por administracións supramunicipais de prevención da Covid-19, incrementando por exemplo esas horas de limpeza para minimizar posibles riscos de contaxio”, recalcou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal