Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINA 94.600 EUROS A INCREMENTAR AS HORAS DE SERVIZO DO PERSOAL DE APOIO, LIMPEZA E COCIÑA DAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou que o Concello cumpre coas ratios de persoal establecidas para estes centros e incrementa horarios para mellorar o servizo atendendo á actual situación sanitaria
Narón, 16 de setembro de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou que o goberno local reforzará con 94.600 euros o servizo de xestión das tres escolas infantís municipais. Esta partida súmase aos 520.000 euros que o Concello destina ao contrato de xestión dos tres centros, e que se ampliou con motivo da actual situación sanitaria “para reforzar o persoal de apoio, de limpeza e de cociña”, tal e como explicou Ferreiro. “En conxunto, con cargo a esa achega económica, sufragaranse os gastos das horas que se realizarán a maiores nestas tres áreas das escolas infantís municipais, incrementando as xornadas do persoal en case 800 horas ao mes ata agosto do vindeiro ano, cando expira o contrato”, indicou a rexedora local. A partida de 94.600 euros permitirá incrementar os horarios de limpeza e persoal de educadoras de apoio nos tres centros, e tamén o persoal de cociña das escolas infantís municipais de Piñeiros e A Gándara, debido a que na Solaina co horario actual do servizo pódese atender a demanda do mesmo. Ferreiro incidiu ademais en que “esta medida lévase a cabo co fin de cubrir unha serie de necesidades detectadas no servizo debido á situación sanitaria, ampliando o contrato en vigor para atender as necesidades xeradas pola pandemia da Covid-19 e ofrecer unha atención óptima ás familias usuarias deste servizo”. A rexedora local explicou que dende o goberno local “entendemos a necesidade de máis persoal nestes centros, por ter outras funcións a maiores derivadas da situación sanitaria como é no caso das educadoras de apoio, de maior desinfección debido á prevención da Covid-19 e tamén nos comedores máis horarios de servizo ao ter que comer por quendas os menores”. Ferreiro destacou o feito de que “dende o Concello cumprimos coas ratios de persoal para estes centros pero decidimos mellorar o servizo incrementando o contrato en vigor e tamén mantendo o número de prazas nas tres escolas infantís municipais”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal