Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA PRESIDIU UNHA REUNIÓN DOS GRUPOS DA CORPORACIÓN CON INTEGRANTES DO COMITÉ DE EMPRESA DE SIEMENS GAMESA
A ALCALDESA PRESIDIU UNHA REUNIÓN DOS GRUPOS DA CORPORACIÓN CON INTEGRANTES DO COMITÉ DE EMPRESA DE SIEMENS GAMESA
Marián Ferreiro trasladoulles, tras así acordalo cos grupos da corporación, que levarán ao pleno de finais deste mes unha declaración institucional apoiando as reivindicacións do comité
Narón, 18 de setembro de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu a reunión que tivo lugar esta mañá no Concello con representantes do comité de empresa da empresa Siemens Gamesa, con sede no municipio das Somozas. Á convocatoria acudiron representantes de todos os grupos políticos da corporación local que no transcurso da mesma escoitaron as reivindicacións do colectivo.
O presidente do comité de empresa de Siemens Gamesa en As Somozas, Sergio López, trasladou aos representantes da corporación local a súa preocupación polo incerto futuro da planta das Somozas, con carga de traballo comprometida ata finais de ano para os seus trescentos empregados. A compra por parte de Siemens Gamesa dunha nova planta en Portugal, donde se están realizando novos modelos de palas para aeroxeradores e realizando investimentos alerta ao comité sobre unha posible deslocalización da compañía ao país luso. Asegurou que “se non se realizan investimentos na planta das Somozas quedará obsoleta”. Dende o comité lamentaron “a falta de vontade da empresa para dialogar sobre esta situación e tratar de garantir o futuro desta planta” e acusaron á empresa de “non estar poñendo nada da súa parte para atender as necesidades da compañía e garantir o seu futuro nas Somozas”.
A alcaldesa trasladou o apoio da corporación local ao colectivo e anunciou, tras así acordalo co resto de grupos da corporación local, que levarán unha declaración institucional ao pleno do vindeiro xoves, día 24, para amosar o seu apoio ás reivindicacións do colectivo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal