Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A PRAZA DE GALICIA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO UN NOVO OBRADOIRO DE "CHEF SOLAR E ALIMENTACIÓN SAUDABLE"
A PRAZA DE GALICIA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO UN NOVO OBRADOIRO DE
A cita, dirixida a todo tipo de públicos, desenvolverase entre as 11.00 e as 14.00 horas, segundo apuntou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego
Narón, 21 de setembro de 2020. O Concello convoca a través do programa municipal “Narón en Transición” un novo obradoiro de “Chef solar e alimentación saudable” que terá lugar este sábado, día 26, na Praza de Galicia. A cita será entra as 11.00 e as 14.00 horas e poderán asistir persoas de todas as idades, que deberán cumprir as medidas sanitarias de prevención da Covid-19, entre as que se inclúe o uso obrigatorio de máscara e o mantemento da distancia social, tal e como asegurou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego.
O edil animou á veciñanza a acudir a esta convocatoria, “de carácter interxeracional e na que os asistentes terán a oportunidade de coñecer os principios básicos da enerxía solar, tipos de cociñas solares, cocción e montaxe dun pasteurizador… entre outras propostas impulsadas por persoal especializado nesta temática”.
Ao longo da mañá tamén se poderá participar nun obradoiro de Pinta sol e pirógrafo solar e desenvolveranse mostras lúdicas da aplicación solar fotovoltaica e de concentración.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal