Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COOPERATIVA DE O VAL DONA A CÁRITAS 50 CAIXAS DE LEITUGAS
A COOPERATIVA DE O VAL DONA A CÁRITAS 50 CAIXAS DE LEITUGAS
O Concelleiro de Servizos Sociais puxo en contacto a ambas entidades
Narón, 18 de Xuño de 2009.- O Concelleiro de Servizos Sociais Xerais e Servizos de Integración Social fixo hoxe un chamamento público á solidariedade dos naroneses coas persoas máis desfavorecidas, que están a pasar por unha situación especialmente delicada debido á crise económica que afecta ó país. “Valoraríamos tódalas aportacións que os nosos veciños e veciñas puidesen facer nestos momentos, para axudar ós máis necesitados”, sinalou Miguel Hermida.

O Edil asistiu hoxe á entrega dunha donación por parte da Cooperativa de O Val a Cáritas de Narón, consistente en 50 caixas de leitugas con 12 unidades cada unha, que se repartirán entre os seus usuarios no municipio. O responsable de Servizos Sociais Xerais puxo en contacto a ambas entidades para realizar esta xestión, proposta polo responsable da sección de horta da Cooperativa, Santiago Galego, en base a unha boa colleita.

Os responsables de Cáritas recibiron con satisfacción esta entrega, que repartirán entre as parroquias de Narón. “Queremos que xestos coma éste sigan realizándose, porque desgraciadamente é moi necesaria a axuda”, comentou o responsable de Cáritas da parroquia de Santiago Apóstol, Gilberto Castro, quen atende cada semá 2 ou 3 novas peticións, ademáis das 40 familias que xa son usuarias deste servizo.

Pola súa banda, o representante de Cáritas Interparroquial, Jose Manuel Todolosantos, asegurou que en Narón está a aumentar a petición de axudas, especialmente entre xente xoven. Ademáis, os responsables de Cáritas agradeceron a colaboración que dende fai anos ven prestando o Concello de Narón con esta institución benéfica. “O Concello achéganos unha parte considerable dos recursos que temos na actualidade para atender as demandas das familias, e tratar de que non haxa moitas en risco de exclusión social”, declarou Jose Manuel Todolosantos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal