Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INSTALOU DÚAS MARQUESINAS PARA O TRANSPORTE ESCOLAR EN VÍAS MUNICIPAIS DA PARROQUIA DO VAL
O edil de Servizos, Ibán Santalla, indicou que a actuación supuxo un desembolso ás arcas locais duns 6.000 euros
Narón, 21 de setembro de 2020. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou esta mañá o remate dos traballos de instalación de dúas marquesinas para o servizo de transporte escolar en vías municipais da parroquia do Val. O edil indicou que o Concello realizou un investimento duns 6.000 euros “para poder colocar estas marquesinas en dúas paradas que carecían delas, ubicadas nunha zona de paso do servizo de transporte escolar e na que as usuarias e usuarios carecían dunha zona para resguardarse mentras esperaban o paso do autobús”. Santalla recordou que cada ano se instalan dúas marquesinas deste tipo, fabricadas en madeira por ser máis acordes co entorno no que se ubican, en diferentes puntos da zona rural, contemplándose xa este gasto no orzamento. “O ano pasado colocáronse en Doso e este ano no lugar de Santa Margarita e nas inmediacións da sala de festas da Concha”, apuntou o concelleiro. O edil naronés avanzou que “o vindeiro ano determinarase a ubicación doutras dúas, unha decisión que se adopta en función das necesidades de cada núcleo rural, tratando de colocalas naquelas zonas nas que máis se precisan e cubrindo así a carencia de marquesinas para o transporte escolar na zona rural”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal