Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO RETOMARÁ EN OUTUBRO AS ACTIVIDADES PARA MAIORES NOS DOUS CENTROS COMUNITARIOS MUNICIPAIS
O CONCELLO RETOMARÁ EN OUTUBRO AS ACTIVIDADES PARA MAIORES NOS DOUS CENTROS COMUNITARIOS MUNICIPAIS
A edil de Benestar Social, Catalina García, incidiu en que debido aos protocolos da Covid-19 foi preciso reaxustar aforos, persoal... o que obriga a establecer novas medidas para impartir as actividades
Narón, 23 de setembro de 2020. O Concello retomará o vindeiro mes de outubro as actividades dirixidas a persoas maiores nos Centros Comunitarios das Vivendas da Mariña e Manuela Pérez Sequeiro. Así o indicou a concelleira de Benestar Social, Catalina García, que explicou que “as sesións retomaranse dun xeito paulatino, polo que se irá contactando telefonicamente coas persoas que están anotadas nas actividades para indicarlles o día e a hora que lles corresponde”. A situación actual derivada da crise sanitaria da COVID 19 trouxo consigo cambios nos programas e servizos municipais, entre eles o programa de Envellecemento Activo para a tempada 2020-2021 que tivo que adaptarse a esta nova realidade.
García incidiu en que dende o goberno local, “queremos garantir en todo momento a seguridade das persoas e que poidan participar nas actividades con todas as medidas de protección fronte á Covid-19”. A edil apuntou que por esta mesma razón se programou o inicio nos dous centros municipais “e paulatinamente, a medida que sexa posible e se vaian aplicando os diferentes protocolos realizados, impartiranse tamén esas actividades para maiores nos Centros Cívicos Sociais da zona urbana e rural”.
A concelleira de Benestar Social solicitou de antemán desculpas ás persoas que participan nas actividades de maiores polas molestias que poida ocasionar o feito desta incorporación gradual e cambios en datas e horarios con respecto a anos anteriores. “Tivemos que realizar varios reaxustes atendendo ao aforo das instalacións, ao persoal… e sempre priorizando a seguridade da veciñanza que participará nesas actividades”, recalcou García.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal