Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
TEGA, PSOE E BNG APROBAN UNHA MOCIÓN RESPALDANDO AS DEMANDAS DA CONFEDERACIÓN DE ANPAS GALEGAS SOBRE O INICIO DO CURSO ESCOLAR
TEGA, PSOE E BNG APROBAN UNHA MOCIÓN RESPALDANDO AS DEMANDAS DA CONFEDERACIÓN DE ANPAS GALEGAS SOBRE O INICIO DO CURSO ESCOLAR
A corporación local respaldou no pleno unha declaración institucional apoiando as reivindicacións dos traballadores e traballadoras da empresa Siemens Gamesa, con sede en As Somozas
Narón, 24 de setembro de 2020. O pleno ordinario celebrado esta mañá, ás 9.00 horas, aprobou unha moción presentada polo bipartito naronés –TEGA e PSOE- e polo BNG en apoio das demandas da Confederación das Anpas galegas sobre o inicio do curso 2020/2021 e sobre a que se abstiveron os edís do PP. A través deste documento ínstase á Xunta a informar aos concellos da contía que lles vai transferir –procedente do Goberno central- para investimentos en materia de educación por gastos extraordinarios polas medidas de adaptación ao protocolo da Covid-19. Así mesmo, ínstase tamén á Xunta a asumir a xestión do programa de madrugadores e de actividades extraescolares nos centros de ensino públicos da cidade por ser imprescindibles para facilitar a conciliación familiar e laboral.
Neste apartado a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que a moción responde “á improvisación das medidas e falta de empatía e diálogo da Xunta coas comunidades educativas e as administracións locais” e a que “a Xunta ten competencias plenas en materia de Educación”. Taibo lamentou a dificultade das “ordes e contraordes” comunicadas ás directivas dos centros de ensino e lamentou as dificultades de conciliación que afectan ás familias con menores en idade escolar. Na mesma liña, o voceiro do PSOE, David Pita, acusou á Xunta de “pasar a pelota dende que se decretou o estado de alarma” e de “deixadez de funcións a pesares que dende marzo se leva avisando das necesidades dos centros para retomar o curso escolar”.
Finalmente, a alcaldesa, Marián Ferreiro, denunciou a “falta de implicación da Xunta para tomar medidas que a día de hoxe brillan pola súa ausencia” e destacou o esforzo inversor que se realiza dende concellos como o de Narón para reforzar a limpeza e desinfección e tamén incrementar as horas de persoal de apoio, limpeza e comedores nas escolas infantís municipais.
Así mesmo, o bipartito naronés e o BNG aprobaron a adxudicación do contrato do servizo de Axuda no Fogar. Un total de tres empresas presentaron as súas ofertas e finalmente a que obtivo maior puntuación foi OHL Servizos Ingesan SL, que se encargará deste servizo durante os dous vindeiros anos por un límite máximo de 5,8 millóns de euros.
Na sesión aprobouse por unanimidade declarar “de especial interese e utilidade municipal” as obras de instalación de dúas aulas na Escola do Val (CRA de Narón), executadas pola administración autonómica e que se beneficiarán dunha bonificación do 95% sobre a cota do ICIO, ao concorrer as circunstancias que acreditan esa declaración segundo se recolle na ordenanza fiscal número 6, reguladora deste imposto. A alcaldesa, Marián Ferreiro incidiu na importancia de que se rematen os traballos contemplados no proxecto desa obra, que inclúe o traslado e colocación dos xogos do parque infantil, unha actuación aínda pendiente de executar por parte da Xunta.
Coa unanimidade da corporación local saíu adiante no pleno a aprobación inicial dun expediente de modificación de crédito por importe de 215.195 euros. O crédito destinarase á aportación municipal para as obras de rehabilitación da envolvente térmica do Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara; para o proxecto de expropiación do parque fluvial de Narón, entre a avenida Miguel de Cervantes e Megasa; e tamén para o acondicionamento do entorno e accesos das instalacións deportivas de Río Seco; a conformación de soleira de caucho continuo no parque interior da escola infantil municipal de Piñeiros; a mellora de rampas de acceso ao local social e polideportiva do Val e o remate de beirarrúas na rúa Pintor Máximo Ramos.
A maiores, aprobouse inicialmente a ordenanza nº 38, que regula as prestacións públicas non tributarias pola prestación dos servizos de subministración de auga potable, saneamento e depuración de augas residuais do Concello de Narón, derogándose as ordenanzas que regulaban a taxa da rede de sumidoiros e de subministración de auga potable. O voceiro de Terra Galega, Román Romero explicou que con este paso procederase a aprobar unha nova ordenanza que engloba ás anteriores e inclúe o concepto de depuración en alta, tal e como se esixe para actualizala á normativa actual. Romero explicou que a estrutura tarifaria non se modifica, contemplándose un baremo doméstico e tres industriais con prezos que oscilan entre os 7,18 e os 14,76 euros mensuais, se ben no caso da contía máis elevada se ofrece a posibilidade de acollerse á máis reducida nos casos no que os consumos sexan similares ao doméstico. “Aqueles negocios que se consideren Industrial I, por exemplo serían mercerías, oficinas, zapaterías, tendas de roupa… se teñen o mesmo consumo que o doméstico poden acollerse a esa tarifa en lugar da industrial e así se recolle no novo documento, donde se contemplan bonificacións de ata o 75% para os casos máis extremos”, explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro.
A corporación deu tamén luz verde por unanimidade á aprobación inicial do Regulamento de modalidades de traballo para o fomento do teletraballo no Concello de Narón, atendendo ás situacións derivadas da Covid-19 e contou tamén co respaldo de todos os grupos a aprobación inicial do Regulamento dos Centros comunitarios municipais, do Centro de día, e da ordenanza sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial, todas tramitadas a través do Plan Normativo 2020. Outra das normas deste Plan, a reguladora de expedición de licencias de vao e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías aprobouse cos votos favorables do bipartito naronés.
Finalmente confirmouse o respaldo da corporación á declaración institucional de apoio aos traballadores e traballadoras da empresa Siemens Gamesa, con sede nas Somozas, manifestando os grupos de goberno o seu apoio ao colectivo nas súas reivindicacións ante unha posible deslocalización da empresa e posterior peche da planta das Somozas. Tamén se apoia ao persoal na súa reclamación para que a Xunta e o Goberno central impulsen actuacións para que a empresa realice os investimentos necesarios para manter a súa produción na planta das Somozas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal