Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O VAL CELEBRA A 12ª EDICIÓN DA RECREACIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
O VAL CELEBRA A 12ª EDICIÓN DA RECREACIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
Será o sábado no Castro de Vilasuso
Narón, 18 de Xuño de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Cultura, Manuela Pérez Sequeiros, presentaron hoxe en rolda de prensa o programa da 12ª edición da Recreación das Lendas da Pena Molexa, que se celebra no Lugar de Vilasuso (O Val) o vindeiro 20 de xuño.

Agárdase a presenza de máis de 1.500 persoas, que foron as que xa participaron neste programa o ano pasado. Trátase dunha convocatoria aberta a tódolos veciños da parroquia de O Val, de Narón en xeral e do resto da comarca. “O importante son os veciños, porque son os que van protagonizar esta festa popular”; sinalou o Alcalde. Jose Manuel Blanco incidíu na importancia de conservar lendas coma ésta, vixente grazas á tradición oral.

As lendas da Pena Molexa son de orixe indoeuropeo, e teñen múltiples versións. Unha delas é a Pena que se converte en fada ou doncella na noite do solsticio de verán (23 de xuño), e outra é a Pena que se convirte en guerreira co seu señor, do Castro de Vilasuso, esa mesma noite.

O Padroado de Cultura pretende facer partícipe á veciñanza no deseño e a organización destas actividades, que inclúen xogos populares e deporte rural, unha churrascada popular de balde (a partires das 20 horas), e o concerto de música popular a cargo de “A Quenlla”.

Pero ademáis, haberá a representación das Lendas da Pena Molexa, que nesta ocasión protagonizarán os membros da asociación “O Aturuxo de Melpómene” (formada por antig@s alumn@s da Escola de Teatro de Narón) e unha lumieira e repichoca de música tradicional, a cargo do grupo da Escola de Teatro da Fundación Terra de Trasancos de O Val.

Todos estos actos contan coa colaboración da asociación sociocultural de mulleres “Zarabanda” e da Cooperativa de O Val.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal