Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ILUMINARÁ DE COR VERMELLA O PAZO DA CULTURA E A GLORIETA DE FREIXEIRO CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DO CORAZÓN
O CONCELLO ILUMINARÁ DE COR VERMELLA O PAZO DA CULTURA E A GLORIETA DE FREIXEIRO CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DO CORAZÓN
O edil de Sanidade, Santiago Galego, presentou a iniciativa no Concello co presidente de Amicor, Carlos Piñeiro
Narón, 25 de setembro de 2020. O Concello sumarase o vindeiro día 29 aos actos conmemorativos do Día Mundial do Corazón iluminando de cor vermella na noite do 28 ao 29 o edificio do Pazo da Cultura e a glorieta de Freixeiro. O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego e o presidente da Asociación Amigos del Corazón (Amicor), Carlos Piñeiro, deron a coñecer esta mañá no Concello a iniciativa. O goberno local naronés programaba cada ano a gala “Mulleres en Vermello”, para conmemorar esta data, se ben nesta ocasión debido á pandemia da Covid-19 se optou por iluminar de vermello o Pazo e a rotonda de Freixeiro, tal e como indicou Galego.
“Utiliza o corazón” é o lema deste ano do Día Mundial do Corazón, un día, asegurou Piñeiro “no que se trata de sensibilizar á poboación sobre a problemática cardiovascular, unha problemática que causa a morte de case trece millóns de persoas ao ano no mundo e dunhas 123.000 en España”. O presidente de Amicor incidiu en que “o 80% destas mortes poden evitarse se se adoptan medidas de prevención cardiovascular, como evitar o sedentarismo e a hipertensión, coidar a alimentación…”. En relación á actual situación sanitaria Piñeiro incidiu en que “os enfermos cardiovasculares son dos colectivos máis vulnerables á Covid-19, polo que é moi importante manter a distancia social, levar máscara e hixienizar as mans”.
O edil de Sanidade destacou a importancia de colaborar con entidades como Amicor para dar visibilidade á actual situación e á importancia de concienciar á cidadanía sobre a importancia de manter hábitos de vida saudables. Dende Narón continuaremos ofrecendo a nosa colaboración para este tipo de iniciativas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal