Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA ABRIRÁ UN PRAZO DE MATRÍCULA EXTRAORDINARIO NO MES DE NOVEMBRO PARA CUBRIR POSIBLES VACANTES NOS DIFERENTES CURSOS
As persoas interesadas en matricularse nesa convocatoria extraordinaria deberán facelo do 2 ao 6 de novembro
Narón, 28 de setembro de 2020. O Padroado da Cultura de Narón abrirá do vindeiro 2 ao 6 de novembro un prazo extraordinario de matrícula para dispoñer dunha listaxe coa que poder cubrir as vacantes que se poidan rexistrar nalgún dos cursos ofertados. As matrículas tramitaranse, como é habitual, nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 e de 17.00 a 19.00horas. As persoas que desexen recibir máis información ao respecto poden chamar ao número de teléfono 981 391 144 ou escribir un correo electrónico á dirección: d.canovas@naron.es. As Escolas Tradicionais ofertaron un ano máis clases de Danza tradicional, Canto e pandeireta (a partir de 5 anos); Gaita, Percusión tradicional (a partir de 6 anos); Acordeón, Zanfona (dende os 8 anos); Construción de instrumentos (a partir de 16 anos) e, O Recuncho dos Pequechos (de 3 a 4 anos). A maiores, nas Escolas Artísticas están as opcións de Debuxo (a partir de 6 anos) e Teatro (a partir de 4 anos) e na Escola de Formación de Actores e Actrices, o primeiro curso (a partir de 16 anos), segundo e terceiro e o Practicum. Outra das modalidades das Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura é Bailes de salón (a partir de 4 anos). A actual situación sanitaria obriga a remodelar por completo o desenvolvemento das clases, con grupos reducidos e incidindo no cumprimento de todas as medidas establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención da Covid-19. Adaptación de espazos, horarios e número de alumnado por grupos foron algúns dos asuntos que se tiveron que reestructurar debido á pandemia do coronavirus. En canto ás matrículas que se formalizaron no prazo establecido, que rematou o pasado venres, dende o Padroado da Cultura recordouse que as persoas que non poidan acudir no día e hora asignados en función da organización do curso, dispoñen de prazo ata o 30 de outubro para solicitar a devolución do importe abonado.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal