Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA UN CONCERTO DE MILLADOIRO, A OBRA TEATRAL "DEJE SU MENSAJE DESPUÉS DE LA SEÑAL" E O ESPECTÁCULO "ROCK EN FAMILIA. DESCUBRIENDO A THE BEATLES"
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA UN CONCERTO DE MILLADOIRO, A OBRA TEATRAL
As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 29 de setembro de 2020. O grupo de música folk Milladoiro actuará este venres, ás 20.30 horas no Pazo da Cultura. Trátase dun concerto de apertura das Escolas Tradicionais do Padroado da Cultura e no que a formación presentará o seu último traballo, “Atlántico”. O concerto terá unha duración aproximada de hora e media, un tempo no que o público poderá escoitar este traballo, o primeiro gravado nun estudo que publica esta agrupación musical nos últimos doce anos. O disco conta cunha ducia de cancións nas que se constatará a permanente renovación dos integrantes de Milladoiro. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou a través da páxina web do Padroado: www.padroadodecultura.es. O prezo é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 en tarifa reducida, esta última para persoas desempregadas ou estudantes (ata 25 anos).
O teatro tamén regresará ao Pazo este sábado, día 3, coa representación da obra “Deje su mensaje después de la señal”, da compañía Tanttaka Teatroa. A cita será ás 20.00 horas e o público poderá ver unha historia en catro voces, protagonizada por catro mulleres que confesan os seus problemas a través dun contestador automático, en lugar de enfrontarse a eles cara a cara. As entradas teñen un prezo de 14 euros para o público xeral e de 9,80 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).
A programación infantil tamén terá un espazo esta fin de semana no Pazo da Cultura, concretamente o domingo día 4, co espectáculo “Rock en familia. Descubriendo a The Beatles”, da compañía I Wanna Management SL. A través da música en directo toda a familia poderá gozar das cancións de artistas e grupos relevantes da historia do rock e tamén mediante contacontos e unha gran banda tributo se descubrirá a The Beatles, a banda máis encomiada pola crítica na historia da música popular. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público familiar; 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 6,65 para menores de 14 anos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
21
22
23
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal