Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONFRARÍA DE PESCADORES E MARISCADORES DE FERROL
Marián Ferreiro destacou o traballo que desenvolve o colectivo vencellado ás actividades produtivas da ría
Narón, 29 de setembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou un convenio de colaboración coa Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, representada pola súa patroa maior, María Isabel Maroño. A administración local aportará á entidade unha partida de 15.000 euros, contía a través da que o Concello naronés contribuirá aos gastos de funcionamento da citada entidade, apoiando o desenvolvemento sostible da súa actividade. A Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol adquire en virtude a este convenio unha serie de compromisos co Concello de Narón. Dese xeito, ofrecerá funcións propias como órgano de consulta e colaboración coa administración e tamén defenderá os intereses profesionais do colectivo, a maiores de desenvolver funcións que lle poida encargar en determinado momento a administración pública. Ferreiro destacou que se trata dunha actividade de interese público que engloba a unhas oitocentas familias e que a través da aportación municipal “cooperarase para o mantemento dos postos de traballo neste sector económico, moi castigado na comarca, mantendo unhas vías de colaboración que dende o goberno local xa tiñamos co colectivo, que desempeña unha encomiable tarefa vencellada ás actividades produtivas da nosa ría”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal