Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ESCOLA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ DE NARÓN RETOMA A SÚA PROGRAMACIÓN CON NOVAS ACTIVIDADES E SERVIZOS PARA A VECIÑANZA
A ESCOLA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ DE NARÓN RETOMA A SÚA PROGRAMACIÓN CON NOVAS ACTIVIDADES E SERVIZOS PARA A VECIÑANZA
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, avanzou parte do traballo que se levará a cabo no último trimestre do ano
Narón, 29 de setembro de 2020. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, presentou oficialmente esta mañá o inicio do curso da Escola de Participación Cidadá de Narón. “Comezamos cunha programación ampla e variada porque queremos que a cidadanía naronesa participe con nós para facer xuntos o Narón que todos queremos”, asegurou. A edil anunciou que a primeira actividade programada son as xornadas formativas “Introducir a perspectiva de xénero na participación cidadá”, que se desenvolverán virtualmente –debido á situación sanitaria- os días 15 e 22 de outubro de 17.00 a 19.00 horas. Diríxense á cidadanía en xeral e están abertas ao tecido asociativo e a persoal do Concello, podendo inscribirse ata o 12 de outubro a través do correo electrónico: escolaparticipacion@naron.es ou chamando ao número de teléfono 603 865 413.
García explicou que o equipo da Escola de Participación Cidadá informará sobre o programa en todos os barrios e parroquias de Narón –ata o 12 de outubro- e indicou que se está traballando nunha enquisa dirixida ao movemento asociativo do municipio e tamén nunha acción comunitaria que se desenvolverá ata finais de ano para dar visibilización e cohesión ao tecido asociativo e que culminará cun vídeo.
“Entre outubro e novembro desenvolveranse os Consellos Territoriais que están recollidos no Regulamento de Participación Cidadá do Concello e debido á actual situación sanitaria, algunhas xuntanzas terán que desenvolverse de xeito telemático (aquelas nas que por aforo sexa máis seguro) o que levará implícita unha formación para que todas as entidades poidan participar en igualdade de condicións”, asegurou a edil naronesa.
Así mesmo, García destacou que o programa formativo a desenvolver “tamén contempla axudar ás entidades no senso de facilitarlles ferramentas para realizar trámites burocráticos nas administracións, como por exemplo para tramitar subvencións, presentar proxectos, desenvolver programas, como dinamizar os barrios…”. A maiores das visitas, este obxectivo tamén se acadará a través dos días que se estableceron para atender á cidadanía na Casa da Cultura, os xoves de 10.30 a 13.30 (previa cita) e a través do teléfono 603 865 413 de luns a venres entre as 10.30 e as 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas. “A través deste servizo a veciñanza poderá trasladar as cuestións e suxestións que considere oportunas en materia de participación cidadá”, indicou a concelleira responsable da área.
En canto ao vindeiro ano, García explicou que se prevén retomar os plenos escolares con alumnado de terceiro e cuarto curso da ESO. “Retomaranse sempre que as circunstancias o permitan e que os colexios poidan desenvolver esta actividade, porque somos conscientes da dificultade do inicio do curso escolar e por ese motivo non o propuxemos de cara a estes últimos meses do ano”, apuntou.
A plataforma www.naronparticipa.es donde se someten a información pública e se abren a suxestións certas normativas do Concello, continuará operativa e tamén se creará un espazo para que as entidades poidan comunicar información de interese para a veciñanza. Nesa mesma plataforma habilitáronse espazos específicos donde se recollen os Consellos Territoriais de cada parroquia. Por último, a edil recordou que a Escola de Participación ten funcionando dende xullo unha páxina de Facebook, unha conta de Instagram e unha canle de YouTube (EscolaParticipacionNaron) e animou ás veciñas e veciños “a que participen e sigan estas redes para estar ao día do traballo que se vai realizando e colaboren con nós”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal