Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PRESENTOU ALEGACIÓNS AO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO
A concelleira de Transporte Público, Mar Gómez, indicou que se solicita que a Xunta asuma a instalación, mantemento e conservación das marquesinas e postes de parada
Narón, 5 de outubro de 2020. A concelleira de Transportes, Mar Gómez, informou da remisión dende o Concello esta mañá á Xunta de Galicia das alegacións presentadas ao convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do Transporte Metropolitano de Galicia na área de Ferrol. A edil indicou que a alegación consiste na solicitude á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta da exclusión do parágrafo no que se contempla que os concellos participantes “asumen o compromiso expreso de instalación, mantemento e conservación das infraestruturas, marquesinas e postes de parada executadas con base neste ou anteriores convenios para a implantación de sistemas de transporte metropolitano ou subministrados pola Xunta de Galicia”. Gómez incidiu en que “a administración autonómica debe asumir ese compromiso e non os concellos, porque nos últimos anos, dende o último acordo de 2010, os concellos asumen os gastos de conservación e mantemento de instalacións”. Así mesmo, recalcou ao respecto que “a administración local xa asume os gastos de instalación, conservación e mantemento de marquesinas de transporte escolar en viais municipais do termo municipal, destinando cada ano unha partida económica a este fin, polo que entendemos que no que respecta ao transporte metropolitano estas actuacións debe asumilas economicamente a Xunta de Galicia”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal