Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O CONCERTO DE "LOS SECRETOS", A COMEDIA "MEDIDA X MEDIDA DE SHAKESPEARE" E O MUSICAL "DESCUBRIENDO A QUEEN"
As entradas para o concerto de "Los Secretos" están esgotadas, se ben para o resto de espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es
Narón, 6 de outubro de 2020. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana tres espectáculos dirixidos a público familiar e infantil. A programación prevista para os vindeiros días comezará o venres, día 9, co concerto de Los Secretos, unha banda musical con 14 discos no mercado e que forma parte do panorama musical do país dende hai corenta anos. Algúns dos seus grandes éxitos dos 80 e 90 soarán no Pazo da Cultura xunto con outros temas que ampliaron o seu repertorio durante todos estes anos. As entradas para este concerto están actualmente esgotadas. O sábado día 10 será o turno do teatro, nesta ocasión dunha comedia a cargo da compañía Producións Teatrais Excéntricas: “Medida x Medida de Shakespeare”. A representación comezará ás 20.00 horas no Pazo e Quico Cadaval é o director deste traballo, ambientado nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare e protagonizada polo Duque Vicenzo, que ordena aplicar rigorosamente unha lei contra os comportamentos inmorais. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Finalmente, este domingo día 11 desprazarase ao Pazo a compañía Sesnarmiga SL, que traerá o espectáculo “Rock en Familia. Descubriendo a Queen”. A partir das 18.00 horas o público poderá gozar deste espectáculo de música en directo, descubrindo cancións dos artistas máis relevantes da historia do rock. Nesta ocasión descubrirase a Queen. As entradas teñen un prezo para o público xeral de 9,50 euros; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (Ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 14 anos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal