Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS XORNADAS CONVOCADAS A TRAVÉS DA ESCOLA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS XORNADAS CONVOCADAS A TRAVÉS DA ESCOLA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, explicou que se celebrarán os días 15 e 22 de outubro, vía telemática e que é precisa inscrición previa
Narón, 6 de outubro de 2020. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, anunciou a convocatoria das xornadas sobre “Introducir a perspectiva de xénero na Participación Cidadá”, que se desenvolverán os días 15 e 22 deste mes a través da Escola de Participación Cidadá de Narón. Estas xornadas inaugurais, de balde, desenvolveranse vía telemática e será preciso inscribirse previamente a través do correo: escolaparticipacion@naron.es, ou de enlaces específicos para cada unha delas ao tratarse de prazas limitadas.
García explicou que as dúas convocatorias se levarán a cabo en horario de tarde, de 17.00 a 19.00 horas. O vindeiro día 15 abordarase o tema de “Boas prácticas na inclusión da perspectiva de xénero en procesos participativos”. As encargadas de impartir esta convocatoria serán unha representante do Colectiu Punt6, unha entidade catalana pioneira na introducción da perspectiva de xénero na organización do espazo urbano e os seus equipamentos, e Beatriz López, politóloga especializada en deseño e execución de plans e programas con perspectiva de xénero. O prazo para anotarse nesta xornada rematará o mércores 14 ás 20.00 horas, e poderase tramitar tamén a inscrición a través do formulario: https://cutt.ly/xf4za8b.
A segunda das convocatorias, tal e como indicou a concelleira de Participación Cidadá, será o 22 de outubro e abordará o tema de “Como introducir a perspectiva de xénero nos procesos participativos”. Nesta ocasión as intervencións correrán a cargo de Mireia Espiau, xefa do servizo de Igualdade do Concello de Gasteiz e docente na UPV, e Natalia Paleo, docente na USC e investigadora en políticas públicas con perspectiva de xénero. Neste caso, as inscricións tramitaranse tamén a través do correo da Escola de Participación Cidadá de Narón ou no enlace: https://cutt.ly/xf4za8b ata o mércores 21 ás 20.00 horas.
“Debido á actual situación sanitaria as xornadas celebraranse vía telemática, a través da plataforma Zoom e as sesións gravaranse e compartiranse posteriormente na canle de YouTube da Escola de Participación co fin de difundir os contidos ás persoas interesadas nesta materia e que non poidan participar”, explicou García. A edil naronesa recalcou que a elección da temática destas xornadas responde “á necesidade de incorporar a igualdade de xeito transversal en todos os espazos, constituíndo un primeiro paso para construír un tecido social e unhas políticas máis inclusivas, xustas e resilientes”.
As persoas interesadas en obter máis información poden escribir ao correo da Escola de Participación de Narón ou chamar ao número de teléfono 603 865 413.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal