Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE, A ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS E A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE, A ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS E A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN
O importe dos acordos rubricados por Marián Ferreiro cos representantes das tres entidades ascende a 30.000 euros
Narón, 8 de outubro de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asinou convenios de colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Asociación Jóvenes Empresarios e a Asociación de Comerciantes de Narón. En conxunto, tal e como indicou, o Concello destinará unha partida global de 30.000 euros a estes acordos. En representación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade asinou o acordo Juan Antonio González, se ben no caso da Asociación de Jóvenes Empresarios fíxoo Luis Alberto González e no da Asociación de Comerciantes de Narón a súa presidenta, María Yáñez. A administración local renova deste xeito unha colaboración con estas tres entidades que se mantén dende hai varios anos.
No caso do Fondo Galego, do que forma parte Concello de Narón é unha asociación municipalista constituída no no 1997 e a través da que se levan a cabo iniciativas de cooperación e solidariedade dirixidas a países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos. Ferreiro explicou que o obxecto deste acordo é desenvolver o proxecto Axuda de Emerxencia contra os impactos do coronavirus nos municipios mozambicanos, unha iniciativa de interese social de carácter singular, tal e como se contempla no documento. “A través deste proxecto tratarase de minimizar o número de persoas infectadas pola pandemia da Covid-19, traballando con nove municipios de Mozambique para combatir a pandemia mediante varias actuacións”, indicou. Entre esas actuacións están, especificou, a adquisición de túneles de desinfección para os mercados e máscaras para as persoas vulnerables e os homes e mulleres que acuden ao mercado; de pulverizadores de presión hidráulica manual para pulverizar os transportes públicos e de carga e tamén de produto de pulverización. A maiores da achega económica contemplada neste convenio, o Concello de Narón tamén ofrecerá asesoramento técnico-administrativo do Servizo Sociocomunitario dirixido ao desenvolvemento dos programas.
O convenio coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal aposta por promover e apoiar conxuntamente unha cultura emprendedora na cidade, neste caso a través do programa “Adiante Narón 2020”, dirixido a pequenas e medianas empresas e emprendedoras e emprendedores do termo municipal que teñen en mente desenvolver un proxecto e levalo a cabo. Un dos obxectivos é “promover e fomentar a cultura empresarial e emprendedora no estudantado da bisbarra para estimular o autoemprego e contribuír a mellorar a actual situación económica”, tal e como se especifica no documento. Xornadas de concienciación sobre o autoemprego, sesións divulgativas, formación transversal… están entre as propostas desta iniciativa, á que tamén prestará asesoramento técnico-administrativo o Concello naronés.
O terceiro dos acordos rubricados, coa Asociación de Comerciantes de Narón, “permitirá continuar desenvolvendo campañas comerciais nas que dar visibilidade e dinamizar o sector na cidade, cunha ampla e variada representación”, explicou a alcaldesa. “Ao igual que en anos anteriores, esas campañas inclúen sorteos de agasallos ou entrega de regalos directos, descontos… cos que poder atraer clientela e, polo tanto, dinamizar ao mesmo tempo a economía local nunha época complicada tamén para este sector”, indicou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal